Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Programas > Mulleres emprendedoras

Información do programa Novas do programa

Cristina Pato actuou diante de Obama no 2011

Cristina Pato, Premio Trasalba 2013

Sociedade 13/05/2013
  Envía a túa opinión

Cristina Pato (Ourense, 1980) vén de ser distinguida coa XXXI edición do Premio Trasalba que todos os anos, no derradeiro domingo de xuño, a Fundación Otero Pedrayo entrega na Casa Grande de Cimadevila (Amoeiro), casa patrucia do patriarca histórico das Letras Galegas. Logo de valorar distintas cantidaturas, a xunta de goberno da Fundación, despois de informar a escoitar os membros do Padroado, anuncia a concesión salientando os valores da intérpete galega e considerando, moi especialmente, a súa proxección internacional, a súa condición de representante dunha nova xeración de artistas comprometidos coa difusión da nosa cultura polo mundo e a calidade obxectiva da súa actividade artística e profesional.


Sofía Casanova

A óptica diferente das crónicas de guerra

Cultura 05/05/2013
  Envía a túa opinión

Coñeceu de perto o avance do partido bolchevique e a revolución rusa, a persecución dos xudeus, as duas guerras mundiais, da Varsovia asediada ou a loita das sufraxistas. Sofía Casanova, galega nacida no ano 1861 en Culleredo, viveu boa parte da sua vida, primeiro en Madrid, e despois en Polonia por razóns do seu casamento co escritor polaco Wicenty Lutoslawski. Foi innovadora no xornalismo da época, ao elaborar crónicas de guerra que poñían o acento no sofrimento da cidadanía.


Ánxeles Abelleira Bardanca

Duas irmás, mestras de Ames, gañan o premio Giner de los Rios

Sociedade 10/04/2013
  Envía a túa opinión

Duas irmás mestras de Educación Infantil,  Ángeles Abelleira Bardanca e Isabel Abelleira Bardanca, veñen de acadar o XXVIII Premio Giner de los Rios á mellora da calidade educativa, na etapa de segundo ciclo de Educación Infantil, ao seu proxecto InnovArte Educación Infantil, dotado con 15.000 euros.  As duas son mestras na EEI Milladoiro de Milladoiro-Ames (A Coruña). Crearon o seu blog


Retrato de Pilar Pereira

Pilar Pereira Premio de Honra Marisa Soto 2013

Sociedade 07/03/2013
  Envía a túa opinión

Pilar Pereira recibirá o Premio de Honra Marisa Soto, galardón outorgado pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia, o próximo 27 de marzo durante a cerimonia dos Premios María Casares. Con esta distinción, o gremio recoñece a longa traxectoria profesional dunha intérprete que, ao longo de sesenta anos, traballou sobre os escenarios de Galicia, España, Francia, Bélxica e América Latina. Pereira unirase, deste xeito, á nómina de profesionais e colectivos teatrais que recibiron dita mención dende a súa creación en 1997. Nesta lista de ilustres homenaxeados atópanse, entre outros, Xan Cejudo, Dorotea Bárcena, Maruxa Villanueva, a xornalista Ana Romaní, Luís Álvarez Pousa, Manuel Lourenzo ou a desaparecida Sala Nasa.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros