Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Alumnado de Fene demandando maior consideración para o ensino da música. Novembro 2014

A CIG- Ensino esixe ampliar as prazas de Música no ensino público

Sociedade 05/02/2015
  Envía a túa opinión

A CIG-Ensino esixe que se revogue a autorización de impartir as ensinanzas artísticas superiores de Música no ensino privado, que se impartan todas as especialidades no público e que se amplíe a oferta de prazas de Música en todos os seus niveis. É a resposta á autorización por parte da Consellaría de Educación á impartición de especialidades das ensinanzas artísticas superiores de Música ao centro privado Mayeusis de Vigo, mentres impide que se impartan nos públicos. A CIG-Ensino denuncia que "é inadmisíbel que se autorice a impartición dunha especialidade como Produción e Xestión a un centro de ensino privado, cando non se imparte en ningún dos dous conservatorios superiores públicos de Galiza".


Blood Filloas

Era o tempo das Blood Filloas

Cultura 02/02/2015
  Envía a túa opinión

Cando alá nos comezos dos noventa nos reprodutores e radios de todo o mundo comezaban a facerse un oco Sonic Youth, Pavement ou Nirvana; o grunge galego nacía da man dos ferroláns Blood Filloas. Despois de percorrer canto concurso musical había na provincia, repasando a discografía de The Clash, Siniestro Total ou Andrés Dobarro e mudar de nome varias veces; Dani Alonso, Fernando Cabalo, Reina, Óscar e Toni soben por primeira vez ao escenario como Blood Filloas en febreiro de 1993. Fano gañando 7.500 pesetas no concurso musical “A mocidade coa Lingua” diante de 200 persoas. A final deste certame, promovido polos Institutos de Bacharelato da comarca, ten lugar en xuño dese mesmo ano na Praza de Amboaxe de Ferrol. O grupo interpretou temas como “Corta o pelo landrú” e “You Know”, e adaptando un poema de Rosalía de Castro gañan o primeiro premio, 30.000 pesetas, e deixan o instituto.


O primeiro cuarteirón xa está dispoñible na rede

Quempallou achégase ás novas tecnoloxías

Cultura 23/01/2015
  Envía a túa opinión

Logo de 15 anos de traxectoria musical, que deron o seu froito discográfico en catro CDs orixinais, Quempallou presenta a súa nova produción dun xeito innovador e diferente. Trátase de achegarse ao público a través das novas tecnoloxías dun xeito máis achegado e interactivo, aproveitando os novos recursos que ofrece a rede, para ir avanzando aos seareiros e seareiras as novas cancións que compoñerán este quinto disco, "Quarteirón". Aínda que o grupo aposta por unha nova maneira de ofrecer a súa música, non pensan en abandonar o formato tradicional de disco. Editarán o traballo en formato físico unha vez estean rematadas as catro entregas dixitais, ou Quarteiróns (con Q de Quempallou). Do mesmo xeito, esta futura publicación en CD incluirá novas revisións dos temas, pois outra das ideas novidosas é plasmar a evolución das composicións logo dun tempo de interpretación en directo.


Ofrenda á tormenta de Dolores Redondo

As razóns das vítimas

Sociedade 28/12/2014
  Envía a túa opinión

A trama de "Ofrenda á tormenta" enguedéllase como as cereixas e avanza trepidante de sorpresa en sorpresa, con reviravoltas que engaiolan ás persoas que se achegan a esta terceira entrega da triloxia do Baztán. Dolores Redondo domina a técnica da novela negra e deixa que a inspectora da Policia Foral Amaia Salazar nos guie polas súas investigacións arredor do crime, as vítimas, e as tradicións e crenzas milenarias de Navarra.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros