Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Programas > Rutas, eventos, escapadas

Información do programa Novas do programa

Cartaz da iniciativa

Stop Cañete

Sociedade 01/10/2014
  Envía a túa opinión

Decenas de eurodeputados e eurodeputadas lanzan unha campaña en Bruxelas contra o nomeamento de Cañete
Os e as MEP  tratan de evitar que sexa Comisario de Enerxía e Cambio Climático. Lidia Senra (AGEe), Pablo Echenique (Podemos), Ernest Urtasun (ICv), Javier Couso (IU) e Florent Marcellesi (Equo) presentaron en roda de prensa no Parlamento Europeo a campaña #stopcanete para que o parlamento reconsidere o nomeamento de Arias Cañete como comisario europeo. Para hoxe mércores está convocada unha acción de protesta ás 14:30 na Praza de Luxemburgo, á entrada da Eurocámara, á mesma hora que comeza a audiencia na que se examinarán as competencias do proposto para comisario de enerxía e cambio climático.


Os unionistas tiveron o 55% de apoios

Escocia vota non á independencia

Institucional 19/09/2014
  Envía a túa opinión

Escocia dixo non a independendizarse do Reino Unido. O 85 por cento do censo rexistrado participou nun referendo histórico no que o voto pola permanencia do país no seo do Reino Unido obtivo máis do 55 por cento de apoios, fronte ao 44 por cento recollido polos indepedentistas. Ao cabo, a diferenza a prol dos unionistas e da súa campaña “Better Together” (Mellor Xuntos) foi de máis de dez puntos e de 350.000 votos, significativamente máis amplas que as calculadas polas sondaxes dos últimos días da campaña. O líder nacionalista escocés, Alex Salmond, manifestou a aceptación do resultado e chamou  “a todos os escoceses a seguirme e aceptar a vontade democrática da cidadanía”. Mais o primeiro ministro de Escocia tamén precisou que “houbo un substancial voto a favor da independencia deste país no futuro”. Dende a porta do número 10 de Downing Street, en Londres, o primeiro ministro británico, David Cameron, mandou unha mensaxe aos que votaron si: “Escoitámosvos”.


O Pazo de Liñares. Lalín

Renace o Pazo de Liñares, o Versalles do Deza

Sociedade 17/09/2014
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

O concello de Lalín inaugúra o Pazo de Liñares, o “Versalles do Deza” e un dos máis representativos do barroco galego, unha vez rematado o proceso íntegro de rehabilitación que levou adiante o Concello, e cando xa está moi avanzado o proceso de convertelo nun contedor cultural multidisciplinar no ámbito galego que albergará proxectos senlleiros como o Centro da Cultura Castrexa, o Museo Galego da Marioneta, o Arquivo Histórico de Deza, o Museo dos Pazos ou a Sala Joaquín Loriga. O acto de inauguración será o vindeiro venres, 19 de setembro, a partir das 20.00 horas.


A creatividade ferve en Internet

Xa está aquí a Internet galega

Sociedade 19/08/2014
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O que non está na Internet non existe. Por iso, Galicia gañou en presenza desde o vintecinco de xullo do 2014. Hai un mes activouse o puntogal, comunidade que serve de identificador da sociedade e da cultura galega na rede. 93 enderezos seleccionados compoñen o Programa Pioneiros. Empresas, entidades e particulares poderán solicitar tamén os dominios punto gal nos vindeiros meses.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros