Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

“Casamos!”: trospidez hardcore

“¿Quién quiere casarse con mi hijo? / Casamos!” (Cuatro/ TVG; 22:15 h.)

Sociedade 20/09/2012
  Envía a túa opinión

Hai unha manchea de motivos polos que o videoxogo é o medio audiovisual do futuro, destinado a superar as limitacións da televisión ou do cine. Entre eles, un ben sinxelo: ten niveis de dificultade. No marco da súa interactividade, os xogos adáptanse sen moito traballo á experiencia que demanda o usuario, máis ou menos traballosa, cunha a man atada ás costas ou cos cinco sentidos concentrados no monitor. A televisión non permite unha regulación de tal calibre, agás en contadas e fortuítas excepcións. Esta noite é unha delas. Porque imaxinemos, por improbable que pareza, que temos un interese sincero no mundo do casamento. Diante dunha voda, hai dúas posturas aceptadas: a distanciada, “eu fago isto porque é o que hai que facer, non porque queira”; ou a implicada, que esixe sacramento, fastos e, se me apuras, virxindade. Hoxe temos programas para escoller alianzas catódicas en función da nosa esixencia. Podemos gozar lixeiramente, como de voda civil e sen convite, do humor casual de “¿Quién quiere casarse con mi hijo?” en Cuatro; ou, se nos vai a dificultade máxima, o  nivel hardcore, sentarnos a flipar con “Casamos!” na TVG, programa tan descarnado que resulta como a proba do pano no que a vodas televisadas se refire.


Ochagavía, fermoso lugar para morrer

“Comando Actualidad: Mi pueblo es de postal” (La 1, 22:15 h.)

Sociedade 19/09/2012
  Envía a túa opinión

Preocúpame que a xente estea interesada en pasar a morte en lugares fermosos e non tanto a vida. Os mafiosos aínda tiñan o respecto suficiente para darlle de comer aos peixes cadáveres enteiros, pero hogano, como se o mar fose un acuario, collemos o costume de esparexerlles enriba pos de cinza que, a falla de estudos que o confirmen, teñen que ser malísimos para as branquias. Dun tempo a esta parte o océano ten que aturar os sentinazos dos grandes buques e tamén aos mortos en formato granulado que, a falta de río Ganxes, queren repousar na beleza brava do Atlántico. Cadaquén dispón da súa morte como mellor pode e despois os que o sobreviven cumpren ou non. O meu avó, canso desa terrible humidade de Carballo e coñecedor das sombras do camposanto local, pediu sempre un nicho no que dera o sol para descansar ao quentiño. Eu agardo que alí onde estea lle cheguen as raiolas que, con menos frecuencia da debida -que Bergantiños non é Benidorm-, alumean hoxe no mármore da súa tumba.


“¡Ay mísero de mí, y ay, infelice!”

“Champions League: Real Madrid – Manchester City” (La 1, 20:45 h.)

Deportes 18/09/2012
  Envía a túa opinión

Que si, que está moi ben iso de ler os artigos de Krugman. O propio, xa o sabemos, é andar ao tanto do que cocen en Alemaña, así sexa pasando o Frankfurter Allgemeigne polo tradutor automático. E abofé que agora o relevante do xornal está nas páxinas de Economía sobre as que antano deslizábamos a ollada con desidia. Pero ao espírito derrotado do home común non se lle pode vir arestora, derretido como está pola desesperanza, coa acusación de que son os seus modestos miolos e a súa limitada formación en mercados financeiros os culpables de que vague pola área comercial coa billeteira baleira. Precisamos métodos que acheguen ao noso pequeno entendemento o porqué do mapa de avarías que habitamos. E aí entra en xogo Cristiano Ronaldo como metáfora, como triunfo da vontade dun progreso que se pensaba sen límites e que, unha vez maximizado o seu potencial, declina con aguda depresión. A tristura, palabra tan fermosa que redime até o máis perralleiro dos futbolistas, é a crise de quen chega ao final do camiño e pregunta: “E logo que?”. Pois e logo nada.


500 anos antes do “se rompe España”

“Isabel” (La 1, 22:30 h.)

Cultura 17/09/2012
  Envía a túa opinión

Un aviso: quen algo queira comprender do que vai ser o debate electoral en Galicia para os comicios autonómicos do 21 de outubro, ten que sentar todos os luns pola noite diante do televisor para ver “Isabel” en La 1. Borralla os telexornais, borralla os debates televisados, borralla os espazos de propaganda electoral. Falabaratarismo en todos eles. Unha cousa é o voto, outra o goberno e outra, sen ningunha relación con elas, a campaña electoral, onde churras cohabitan con merinas sen pudor ningún con tal de desgastar ao opoñente. Quen logo da manifestación da Diada catalá, das declaracións do presidente Feijóo dicindo que “hai 500 anos que Galicia e Cataluña son España”, e das detencións dos membros de Resistencia Galega non saiba que a guerra de trincheiras vaise loitar arredor do independentismo, o nacionalismo de primeira (o español) e o de segunda (os outros), e a enorme e libérrima unidade do Estado, é que nada aprendeu de como se gañan as eleccións nesta terra nosa. Así que, parados, pensionistas, estafados das preferentes, traballadores do naval e demais sufraxistas, boten o xeonllo a terra para abrir paso a Isabel I de Castela.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros