Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Unha de vaqueiros

“El Taquillazo: El tren de las 3:10” (La Sexta, 22:35 h.)

Cultura 27/09/2011
  Envía a túa opinión

Perdemos a conta das moitas películas de vaqueiros que remataban co protagonista cabalgando cara o solpor, a súa sombra negra fundíndose no roibén. O que non sabiamos daquela era que o cowboy marchaba para non volver. O cine leva connosco todo o tempo, un tempo, por certo, moi cativo. Pouco máis dun século de arte filmada apenas deu para establecer uns poucos xéneros canónicos nos que encaixar as diferentes historias. Entre estes gañou identidade propia o western, que pode ser comedia ou drama, pero se está ben feito, sempre é western. Acontece que, así como o ferrocarril axudou a varrer os territorios sioux, o Hollywood das superproducións fixo fuxir ao galope aos xinetes do far west. Logo morreu John Wayne e, dende aquela, cada nova película de vaqueiros alcúmana de “crepuscular”, como prefigurando a morte definitiva do xénero. 


Eloxio do zoupón

“El Hormiguero 3.0: Rowan Atkinson” (Antena 3, 21:45 h.)

Sociedade 26/09/2011
  Envía a túa opinión

O ser humano desenvolveu unha empatía natural polos seus conxéneres máis zoupóns, un sentimento agarimoso que se sitúa aí, a carón da tenrura. A torpeza cotiza á alza nos afectos. Rímonos con e do meniño que non sabe camiñar, do bailarín terrible que aínda así tenta atrapar o ritmo con todas as súas forzas, da cantante que nos trepana os miolos coas súas saídas de ton... Son risibles, pero os apreciamos igual. Mais o cariño desaparece cando vemos que os nosos protexidos non son tan desvalidos. A José Luis Rodríguez Zapatero e a Rowan Atkinson lles queríamos máis do que o facemos agora. E é que as súas semellanzas físicas agochan tamén unhas traxectorias semellantes. 


Adeus, amigos

“DEC” (Antena 3, 00 h.)

Sociedade 23/09/2011
  Envía a túa opinión

Telecinco é arestora como a persoa que está a durmir e non se decata de que todos os seus veciños tíranse a rolos polas escaleiras abaixo fuxindo do lume que prendeu no edificio. Quéimanse os programas rosas, cuxos contidos adoptan novas formas espallados pola televisión como se asistísemos ao contaxio dunha febre amarela que muda para peor o tratamento xornalístico dos informativos xerais e de deportes. Haberá quen diga que segue a feder a lixo na televisión, pero realmente é só no piso do veciño do quinto andar. No resto comezaron a ventilar. Quen non o crea, que asista ás exequias por “¿Dónde Estás Corazón?” que se celebran esta noite en Antena 3.


Os Alcántara a polo século XXI

“Cuéntame cómo pasó” (La 1, 22:15 h.)

Sociedade 22/09/2011
  Envía a túa opinión

Para sorte da miña xeración, todos lembramos os consellos que Doc lle daba a Marty McFly cada vez que marchaba de viaxe polo tempo, que se resumían en  ter coidado coas cousas que fas, pois deixan pegada no futuro, e evitar os paradoxos temporais. Grazas a iso saberemos reaccionar a tempo o día que realidade e ficción se preguen a unha sobre a outra e a outra sobre a unha e vexamos pasear pola nosa rúa a Antonio Alcántara. Dez anos despois do primeiro capítulo, a historia familiar que funciona como a versión en carne e oso dunha imaxinaria “Érase unha vez... España” segue avanzando no tempo, devorando décadas. Agora están a piques de entrar nos 80, os rapaces xa medraron, os avós sobreviven e Imanol Arias dedícase a percorrer o país con Juan Echanove comendo todo o que encontra para manterse louzán e sobrevivirnos. Como o Terminator, vén viaxando noutra dimensión, avanzando para aniquilar o noso continuo espacio-tempo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros