A situación non é fácil pero o directivo e xogador Ibán Mourente é optimista e pensa que gañando o vindeiro domingo no Ramo ante o Numancia de Ares está prácticamente lograda a salvación. O empate do Cebarca beneficiounos indirectamente, afirmou Ibán Mourente en Radio Fene. O Barallobre recibe ao Numancia e necesita a vítoria para continuar a seis puntos, mínimo do Cebarca.
O xogador do Perlío Rober non se acorda doutro alirón. “Levo toda a vida en Perlío e non me acordo de vivir un día coma hoxe” afirmou o xogador fenés nos micrófonos de Radio Fene. Onte foi un día especial para a Sección Deportiva do Círculo de Perlío. Cando o colexiado asubiou o final do encontro estoupou a alegría nunha instalación recén estreada. “Sempre optamos por estar arriba e por xogar a liga e o ascenso” recalca Roberto Seco.
O Perlío proclámase Campión de Liga ao vencer por seis goles a cero ao Galicia de Mugardos B.Pero para que o conxunto de Fene fose quen de cantar o alirón, existía unha condición, e era que o Cultural Maniños non se alzase coa vitoria ante o Barallobre. O conxunto de Ángel Mahía empatou ante un Barallobre que empezou vencendo con gol de Garecho. Pouco despois, tras a reanudación, o conxunto do Ramo quedouse con 10 e esta circunstancia a aproveitou o Maniños para tratar de facerse coa vitoria e retrasar unha semana máis o alirón. Mais non o conseguiron e tan só sumaron un punto que o deixa como o maximo candidato para ocupar a segunda praza e xogar a promoción de ascenso.
O conxunto alevín da escola Acordes finalizará o turno de intervencións esta tarde no pavillón A Xunqueira de San Valentin na exhibición de ximnasia rítmica Concello de Fene. Os actos rematarán cun desfile final das participantes e coa entrega de agasallos.