Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Desenvolveranse concentracións simultáneas en ducias de cidades e vilas galegas.

Mobilización expansiva a prol do galego

Sociedade 16/05/2011
  Envía a túa opinión

A Plataforma Cidadá Queremos Galego chama a toda a sociedade galega a seguirse mobilizando en defensa da nosa lingua e da nosa cultura propias mañá martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, desta volta mediante a metodoloxía da "mobilización expansiva": concentracións simultáneas en dúcias de cidades e vilas galegas.


Portada do EP “Generación 49 del Ballet Gallego”

Generación 49, unha aposta pola música instrumental galega

Cultura 15/05/2011
  Envía a túa opinión

Generación 49 fórmanse na Coruña en 1967 con Alberto Morano no órgano eléctrico, que sae de Los Simples; Germán Peñalver á batería e que vén de Los Saurio”; e Xoán Piñón da Rondalla dos Maristas da Coruña e que se encarga da guitarra eléctrica. En 1968 tomaron a senda iniciada no estado polos valencianos Los Relámpagos e versionan en clave beat a nosa música popular. No seu repertorio inclúen tamén as bandas inglesas e españolas de finais dos 60.


Rock e clown mestúranse novamente na Estrada

Leo Bassi, Jango Edwards e Vinila Von Bismark encabezan o II Rock and Clown

Cultura 13/05/2011
  Envía a túa opinión

A Praza da Feira da Estrada acollerá mañá sábado a II edición do Festival Rock and Clown. Un evento único en Galicia no que se mesturan ambos xéneros artísticos, na que promete ser, segundo os organizadores, unha xornada máxica e cargada de sorpersas. A partir das sete da tarde pasarán polo evento os locais John Deeres, a quen seguirá, Maika Makovski, Jango Edwards, Dinero, Leo Bassi, The Soundtrack of our lives e Vinila Von Bismark e The Lucky Dados. O italo-americano, que repite nesta cita, ofrecerá un espectáculo exclusivo para o Rock and Clown onde se “queimará o herexe Leo Bassi”, despois das denuncias que xuíces católicos lle interpuxeron por criticar á Igrexa. As entradas xa están á venda a 10 euros anticipadas e 15 na billeteira o propio día do festival.


“O histérico latexo” presentarase no Teatro Principal de Ourense

“O histérico latexo” de Guezos sentirase en Ourense

Cultura 12/05/2011
  Envía a túa opinión

Folk, rock, bossa, swing, rumba, reggae... Os ourensáns Guezos mesturan sen complexos diversos estilos musicais á hora de facer cancións, como as 10 que conforman o seu novo disco, O histérico latexo. Un álbum que este sábado, 14 de maio, se estrea por todo o grande no Teatro Principal de Ourense. Os sete membros da banda non estarán sós, senón que os acompañarán enriba do escenario algún dos artistas que colaboran no álbum; así como o presentador, o actor Carlos Blanco. Un directo no que, tamén por primeira vez, os fans de Guezos poderán mercar fisicamente o disco.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros