Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 22 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

O ensino público, esa rémora

“Comando Actualidad: Con el cole a cuestas” (La 1, 22:15 h.)

Sociedade 21/09/2011
  Envía a túa opinión

Coñecemos por fin unha aplicación real do Twitter, máis aló da de vomitar as nosas neuras en tempo real e tragar as de outros: a ferramenta de moda nas redes sociais serve para que os equipos políticos aforren en gabinetes de crise e dánlle coartada aos representantes públicos para cuspir calamidades que antano requirirían cinco comunicados e dúas entrevistas en prime-time co obxecto de atenuar o impacto de meter a zoca até o fondo da lameira. Abonda agora con escribir, xa non rectificacións, senón matizacións do propio puño e letra nun tweet para facer escampar o trebón. Aí teñen a Esperanza Aguirre, disposta a proclamar o fin do ensino público gratuíto como se fose o máis natural do mundo e, avisada do erro, emendarse por internet pouco despois. E que conste que ten adeptos. Os problemas das arcas administrativas rematarían suprimindo as escolas sostidas polo Estado, mestres e alumnos, e confiando a ensinanza ao eido familiar, á maneira dos amish. Un crucifixo na parede e todos a estudar na cociña.


Noriega, cara de vilán en corpo de heroe

“Homicidios” (Telecinco, 22:30 h.)

Sociedade 20/09/2011
  Envía a túa opinión

Lin hai pouco que, nestes tempos de consumo audiovisual masivo, cómpre fixármonos dunha vez unha regra de tempo arredor dos chamados spoilers. Para os non afeitos á fala propia dos afeccionados á ficción, trátase das revelacións que estragan aspectos capitais da trama. Contar que o mordomo é o asasino, considérase un spoiler, de igual maneira que revelar que toda a historia de “O Sexto Sentido” xoga arredor do misterio de que en realidade o protagonista do filme, Bruce Willis, está morto. Esta información, filtrada ao pouco da estrea resultaría devastadora para o efecto final do filme, que aínda perdura entre os que viron como santos inocentes. Así as cousas, estaría ben dicir que, por exemplo, cinco anos despois dunha estrea, unha revelación xa non se debe considerar spoiler. Hai que calar aínda quen morre na primeira tempada de “Xogo de Tronos” pero non que Darth Vader é o pai de Luke en “A Guerra das Galaxias”, poñamos por caso. E todo este circunloquio, enorme, para falar de Eduardo Noriega.


Horacio e Delmiro van ás misións

“Padre Casares” (TVG, 22:20 h.)

Sociedade 19/09/2011
  Envía a túa opinión

Hai outros Horacio Casares, pero todos están neste. Está o Padre Medina andaluz, o Mossèn Capellán balear e tamén o Senyor Retor valenciano, mais Padre Casares só hai un e a nós atopounos fronte ao televisor. Ameazando con transcender mesmo aquela pedra angular sobre a que se edificou a igrexa catódica que atraeu a fregueses da ficción autóctona á televisión autonómica, “Mareas Vivas”, as aventuras e moralina católico-light do serial branco da TVG teñen un predicamento masivo na súa faixa de emisión que para si quixeran os homes tolos e as familias modernas que veñen de vencer na gala dos Emmy. Tan ben lle van as cousas ao crego máis famoso dende o Don Camilo de Fernandel, que até se permite rodar exteriores (esa cousa tan prohibitiva para as teleseries) nun país estranxeiro. O páter márchasenos de misións.


Tó ssshulapos!

“Callejeros: Poligoneros” (Cuatro, 22:45 h.)

Sociedade 16/09/2011
  Envía a túa opinión

“Son guapo, rico e téñenme envexa”. Moitos titulares para unha declaración, a de Cristiano Ronaldo, que non facía máis que manifestar en voz alta o que xa todos intuíamos que bulía no seu siso. Así que sorpresa ningunha por confirmar o leit-motif da icona mundial, a mesma que lexitima unha certa confusión entre o bo gusto e a horterada: sobrado de autoconfianza vai pola vida o gran futbolista e seguro que mellor persoa. É como el as tribos de mozos que penduran do seu pescozo rosarios brancos, réplicas de feirón das xoias do astro, que replican o seu peiteado e que nalgún lugar da súa pel levan tatuada a lenda que o mesmo lle vale ao máis duro do barrio que ao Alejandro Sanz pre-Miami: “Pisando forte”. Engádaselle música mákina co bombo a todo volume, camiseta de tirantes e, por que non, algunha droga de síntese e teremos o tópico do poligoneiro ao que Cuatro lle dedica esta noite unha reportaxe.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros