O Cultural Maniños perdeu o tren da liga esta fin de semana perdendo contra o Capela por tres goles a un. O adestrador do conxunto do Pote sinalou en Radio Fene, que as súas aspiracións baseábanse en acadar a primeira praza pero despois deste resultado esvaécense estas aspiracións. “Non hai nada que facer e agora temos que loitar por manter o segundo posto que dá dereito a xogar a promoción e a apechugar.
O Perlío ten case asegurada nas súas vitrinas a copa da liga 2009-2010 tras o seu triunfo por tres tantos a cero no derby contra o Barallobre. Ademais o seu rival máis directo, o Maniños perdeu onte contra o Capela e xa gozan dunha distancia de nove puntos cos do Pote. Segundo o técnico do Perlío, Tito Dopico, atópanse nunha situación privilexiada cun plantel en forma para afrontar os 12 puntos que restan para a fin de tempada. Dependen de sí mesmos e o obxectivo será ir semana a semana para que non cheguen os sustos.
O Perlío gañou ao Barallobre e esta tarde cantou “medio alirón”. A súa vítoria ante o veciño, o Barallobre e a derrota doutro veciño, o Maniños, no campo municipal de Os Calzados deixa a liga aos pés do Perlío. O conxunto de Os Pinares suma 9 puntos de diferencia con respecto ao Maniños. Quedan 12 puntos en xogo e o Perlío podería cantar o alirón o domingo que ven ante o Mugardos B.
O Racing de Ferrol mereceu máis na súa visita a Eibar. Sobor de todo, na segunda parte o equipo verde dominou o encontro, criando ocasións de gol ante un rival metido no seu campo. O dominio do esférico non valeu de nada para o conxunto de Luisito que se afunde nos postos de descenso. Quedan 5 partidos de Liga e perder 1 só, xa practicamente confirmaría que o Racing dispute a vindeira campaña na Terceira División.