Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Turismo rural

“Acorralados” (Telecinco, 21:45 h.)

Sociedade 15/09/2011
  Envía a túa opinión

Que haberiamos facer nós se tivésemos o cargo de Paolo Vasile, tendo que aturar o bronceado de Berlusconi cegándonos nos ollos e a ricos investidores italianos, seguro que con conexións na Ndrangheta calabresa, reclamándonos pingües beneficios pola súa participación na compañía? Dubido que fixéramos alarde dos escrúpulos dos que presumimos. A fin de contas, ben o sabe o cómico profesional, cando un chiste funciona hai que seguilo contando até o esgotamento. Así que non nos preguntemos que fan unha acróbata vaxinal, unha familiar dos Borbón, un ladrón estrábico e con perruca, unha adolescente perpetua, unha show-woman brasileira, un ex marido de filla de folclórica e a viúva dun domador, ademais dos saldos de fábrica doutros realities da cadea, incomunicados do mundo nunha granxa de Asturias. Preguntémonos que facemos nós que non lles quitamos a vista de enriba.


No crime nórdico, a cousa está que arde

“Cine: Millenium 2” (Cuatro, 22:30 h.)

Cultura 14/09/2011
  Envía a túa opinión

A persoa que aínda baila o hula-hop, o que viste raias cando se levan os cadros, quen presume de que ve “The Wire” cando xa a veu todo o mundo, o mesmo que che postea no Facebook como novidade o vídeo do home que baila todos os estilos e que xa viron 100 millóns de persoas... Eu son todas esas persoas, eu son o que leu a saga “Millenium” aínda este verán, cando xa non hai con quen comentala porque hai varios veráns que pasou de moda. E aínda así, devorei con avidez as páxinas da triloxía, que me entretiveron as vacacións agora que Stieg Larsson, defunto o pobre, xa é o menos cool dos autores nórdicos de novela negra e en cada libraría atopas lectores capaces de recitar outros moitos escritores do xénero como quen repasa as crónicas asgardianas. Non tería tardado tanto se escollese ver as películas.


“No a la tala, no a la tala!”

“Miniserie: Tita Cervera” (Telecinco, 22:30 h.)

Sociedade 13/09/2011
  Envía a túa opinión

Tres grandes cousas lle debemos á familia Thyssen: os ascensores que nos evitan partir o lombo subindo escaleiras; coleccións de pintura postas a disposición do público; e Borja, que entre ser Paquirrín con verniz de rancio avoengo ou rico herdeiro consagrado á súa pinacoteca, escolleu unha terceira vía entre o culturismo, as mozas con microbikini e o cisma coa nai, nun caso claro de conflito Edípico non resolto. E claro, ninguén diría que a unha muller chamada Tita lle deberíamos tantas cousas: as marabillosas aventuras do seu vástago; o impresionante museo impresionista de Madrid; e performances postmodernas como o xa famoso “No a la tala!”, unha pijo-protesta contra a deforestación urbana. Nos ascensores, que saibamos non tivo nada que ver. 


Agora adoitan pousar en orde diferente

“Tenis: Final US Open” (Eurosport, Canal +: 22 h.)

Deportes 12/09/2011
  Envía a túa opinión

Nunca pensei que a final do US Open, un dos torneos do Grand Slam de tenis, e a verbena da parroquia de Rebordelos, preto da miña casa, compartisen unha mesma problemática: se chove non hai festa. E claro, un entende que a Orquestra Sabrosito, a caseta das escopetas de balíns e o posto dos cubatas non poden sufragar unha cuberta, nin que sexa de uralita, para buscar refuxio no medio do campo da feira, onde a única posibilidade impermeable reside en meterse dentro dun palleiro. Agora ben, nun lugar chamado Flushing Meadows, onde nas bancadas, entre os máis de 20.000 espectadores da pista central, ora asoma Angelina Jolie, ora Leonardo DiCaprio, un pensaba que haberían ter solucionado o problema das chaparradas inoportunas. Porque Albert Hammond xa dicía que nunca chove no Sur de California, pero que un saiba Nova York non está na costa Oeste. Así que, pingando, pingando, chegaron os superviventes á final da copa dos Estados Unidos que, e isto non é novidade, son Novak Djokovic e Rafael Nadal. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros