Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Portada de “Love Battle”

Catpeople editan “Love Battle”, o seu disco máis pop, electrónico e luminoso

Cultura 03/05/2011
  Envía a túa opinión

O pasado mes de abril a revista musical e gratuíta Mondosonoro viña con agasallo, o terceiro álbum dos galegos afincados en Barcelona Catpeople. Love Battle, así se chama o novo álbum do quinteto, no que abandonan a escuridade e as guitarras para dar paso a un son máis no que o pop, a electrónica, os xogos vogais e as percusións collen protagonismo. Un traballo no que tamén apostaron pola autoedición e que o 16 deste mes de maio sairá á venda en edición física, despois de facelo hai un mes nas plataformas dixitais.


Portada de “Es Igual”

O pop-rock enérxico de Los Dramáticos

Cultura 01/05/2011
  Envía a túa opinión

No ano 1986, das cinzas de Metro, nacen Los Dramáticos, unha banda na que militan Manolo Gesto á guitarra e voz, Rocco ao baixo e os ex-Metro Tomás Carrero na batería e Pedro Sosa á guitarra. A súa primeira gravación chega en 1987 da man do selo Melodías de Ayer y de Hoy cun single no que inclúen “Todo acabó” e “La decisión”. Un ano máis tarde, en 1988, a mesma discográfica saca á rúa o seu segundo single promocional con dúas novas cancións: “Me sabes llevar” e “El Valle”. Segundo algúns, este último tema é unha das mellores composicións de Los Dramáticos. Nela percíbese o achegamento vogal con Nacha Pop, algo que a crítica lles botaría en cara.


A sociedade galega polarízase en dous bandos enfrontados respecto ao galego

Ramón Villares: “A lingua ten que ser neutral”

Sociedade 28/04/2011
  Envía a túa opinión

A sociedade galega estase a polarizar en bandos enfrontados en función da adscrición a un idioma. Esta é unha das primeiras ideas que deixa a edición número 13 dos Encontros para Normalización Lingüística que dende esta mañá se están a desenvolver en Santiago de Compostela, promovidos polo Consello da Cultura Galega. Neste foro anual dirixido ao debate e a reflexión sobre a planificación lingüística e saúde social do galego debúxase o panorama que ficou tras meses de enfrontamento político arredor do decreto do plurilingüismo co que o Goberno da Xunta reformulou a presenza da lingua propia nas aulas.


Portada de “Violentos anos dez”

Ataque Escampe reflexionan sobre a década en “Violentos anos dez”

Cultura 28/04/2011
  Envía a túa opinión

Violentos anos dez componse de dez cancións que retratan o estado da sociedade actual en Galicia e no mundo cun ton que vai do irónico ao dramático, do inocente ao cruel. As constantes referencias á cultura popular completan un disco que destila alma afroamericana”, así describen na web dos estudios Abrigueiro de Friol, propiedade de Arturo Vaquero, o novo álbum de Ataque Escampe. A banda compostelá puxo a libre descarga no netlabel A Regueifa Plataforma o traballo, que en maio sairá á venda nunha edición física na que incluirán como agasallo un tema freestyle e mais as letras das cancións.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros