Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

A idade da inocencia

“Cine: World Trade Center” (La 1, 22 h.)

Sociedade 09/09/2011
  Envía a túa opinión

Quen ben te quere, fará que chores. O refraneiro é con demasiada frecuencia así de apocalíptico e ave de mal agoiro, pero entón chega alguén como Oliver Stone e dálle á sabedoría popular todo o seu sentido. Poucos realizadores hai no mundo tan preocupados polo seu país, por observalo de preto e coidalo de todo mal como el co seu, os Estados Unidos de América. Acontece que no seu afán protector, non ten reparo en abrir o bandullo da criatura e remexerlle as vísceras para atopar a fonte do veleno. E claro, iso é máis difícil de aturar. Na súa crónica da poderosa e paranoica América, Stone retratou á súa clase de brokers financeiros sen escrúpulos, os mesmos aos que agora lles debemos as subprimes e boa parte da crise global, en “Wall Street”; sacoulle as cores ao afán belicoso da Casa Branca, fozando na espiña do Vietnam con “Platoon” e “Nado o 4 de xullo”; examinou aos seus heroes, en “JFK”, e viláns, en “Nixon” ou “Looking for Fidel”; e, por suposto, non puido deixar sen a súa pegada o golpe de graza ao American Way of Life, o atentado de Al Qaeda contra as Torres Xemelgas de Nova York.


Triángulo de amor bizarro

“Enemigos Íntimos” (Telecinco, 22:15)

Sociedade 08/09/2011
  Envía a túa opinión

Dende o Rumble in the Jungle, o mítico combate de boxeo que reunira en Zaire a Muhammad Ali contra George Foreman non se lembraba un cartel así. A historia do boxeo español de seguro que é maxestosa en campións e figuras de lenda, pero dun deporte case proscrito, aos profanos só nos chegan historias terribles protagonizadas por ídolos caidos. Lembramos a Urtain, arredor de cuxa vida creouse unha peza teatral de éxito; a Pedro Carrasco, fotografado para a posteridade como o primeiro esposo de The Biggest One e, posteriormente, “o marido da perruqueira”; temos a Poli Díaz, poldro de Vallecas reconvertido a actor de xénero na -nunca mellor dito- seminal “El Poli, el Lama y la que se las lame”; e, por fin algo de normalidade, a Castillejo, El Lince de Parla, tamén el mesmo especie en extinción. E logo temos un puxilato moderno que Telecinco reinventa en cada programa da prensa amarela.


Mosquis

“Cine: Los Simpson” (Antena 3, 22.15 h.)

Sociedade 07/09/2011
  Envía a túa opinión

Para admirar a grandeza cómpre afastarse para adquirir a perspectiva suficiente. Non se trata dun dito, senón do resultado empírico de sinxelos experimentos. Abonda con pegar os fociños á porta dun rañaceos para comprender que, sen retroceder uns pasos, é imposible calcular a súa altura. De igual maneira, resulta complexo ter un prognóstico bo da grandeza dos nosos coetáneos. Precísase dun excelente olfacto para detector o cheiro a posteridade entre nós. Por exemplo, ninguén pode asegurar que o fenómeno Usain Bolt merecerá letras de ouro nas enciclopedias do porvir. Descoñecemos se está a un par de saídas nulas máis ou da aparición doutro home voador desa illa caribeña na que a xente frota sen necesidade de Red Bull, de perder os seus récords de velocidade, hoxe materia de ciencia-ficción e mañá, se cadra, pasos de tartaruga. Por iso, hai poucas apostas seguras de que fillo desta época merecerá a transcendencia. Se eu tivese que apostar, xogaría todo o meu diñeiro a unha: Homer Simpson.


Alianza de civilizacións

“Fútbol: España-Liechtenstein” (La 1, 22 h.)

Deportes 06/09/2011
  Envía a túa opinión

Para exaltar o fervor patriótico, non hai como as guerras. Cando o Vietnam, aos hippies mirábanos con desdén pola súa teima en negar a importancia das santas misións bélicas da nación. Se un non está disposto a recibir unha bala no peito pola bandeira, entón é que vive unha vida quen non vale un can, dicíanlles. E así como no cadro de Delacroix, con esa señora estupenda sacando os peitos ao aire coa liberdade que o seu nome indica, chegará o día no que che pedirán que saias en coiros, tan só protexido por unha bandeira e te partas a cara polo país. Nunha se tería visto tal refundación das dúas Españas como cando os futbolistas do Barcelona e do Real Madrid cruzaron labazadas xuntos contra o chilenos no partido “amistoso” de hai uns días, de non ser porque por estas datas tamén PSOE e PP se abrazan para reformar a Constitución para o pobo pero sen o pobo. O equipo que zoupa unido permanece unido, celebrou a prensa deportiva. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros