Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 18 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

De mudanza

“El Hormiguero 3.0: Antonio Banderas” (Antena 3, 21:45 h.)

Sociedade 05/09/2011
  Envía a túa opinión

Volve? Que si. A min, téñoo que dicir como o sinto, a cousa xa me comezaba a encher o nariz. Pola rúa, no perfil do Facebook, chamando por teléfono, todo o santo verán dálle que dálle. Veña a preguntar que si o adeus era definitivo ou non, que mira ti con que se habían entreter agora, porque, tampouco imos andar con panos quentes, isto dos medios de comunicación está moi mal e a xente con verdadeiro talento non abunda. “Co que a min me gustaba, que non o perdía nin un día da semana!”, lamentábanseme unha e outra vez. E eu entendo que iso da adulación pode satisfacer nun principio, pero co tempo acaba resultando noxenta. Porque o que é bo, é bo e xa o sabe e tampouco llo teñen que repetir a todas horas. Tan desaforada estaba a cuestión que estes últimos días matinaba no sabio que era o César, aquel que tiña ao lacaio dicíndolle constantemente ao oído iso de “lembra que es mortal”. Por iso manifesto: acouguen as masas, relaxen a súa ansiedade! “El Hormiguero” volve á televisión. E o meu comentario da tele tamén.


Vacacións por tempo indefinido

“El Hormiguero / Buenafuente” (Cuatro, 21:30 h./ La Sexta, 00 h.)

Sociedade 30/06/2011
  Envía a túa opinión

Se tivésemos que dividir á xente en tan só dúas categorías, tentando resumir nelas todo o complexo crisol de diferenzas sociais, económicas, culturais, sexuais, raciais e cantas outras etiquetas de catalogación se nos veñan á cabeza, coido que as únicas que poderían sintetizar o funcionamento dos grupos humanos e as crises entre os seus integrantes son estas: os que fan as cousas cando queren e os que fan as cousas cando poden, isto é, cando lles deixan. Aspectos tan interesantes da nosas sociedades como o despotismo, a dependencia ou a revolución pódense explicar a partir deses conceptos, xa que, como todos aprendemos nalgún momento da vida, querer non é necesariamente poder. A televisión réxese polos mesmos criterios. 


Penitencia estival

“Comando Actualidad: Operación Salida” (La 1, 22:15 h.)

Sociedade 29/06/2011
  Envía a túa opinión

Detesto esa representación de familias felices, vestidas con camisas Ralph Lauren e dentes de nácar que adobían a publicidade das compañías de seguros, se cadra o último vestixio propagandístico a prol da raza aria que se conserva dende que Hitler pensaba no búnker no que lle ían facer se o collían con vida. Para min, se hai unha imaxe que ilustra como ningunha outra o sentimento de familia e pertenza é dos magrebís emigrados á Península Ibérica que, cando teñen ocasión, compactan a súa casa nun Renault 12, e soben, apertados como sardiñas en conserva, ao ferry que os levará aos seis membros, ao coche e aos colchóns enrolados sobre a baca, a cruzar o Estreito e volver ver aos seus. Eses barcos que atravesan de vagar os quilómetros que van do case primeiro mundo a outro que fica aínda varias divisións máis abaixo, semellan un anaco de estrada nacional transplantada dentro dun barco o día 1 de xullo, data do comezo das vacacións.


O turismo como destrución da natureza

“Crónicas: Bajo el sol de Torremolinos” (La 2, 23:30 h.)

Sociedade 28/06/2011
  Envía a túa opinión

Non se podían enviar semellantes armas de destrución masiva e agardar que non responderan. Capitaneados os exércitos da liberación sexual por Alfredo Landa e José Luis López Vázquez ao berro desatado de “A por las suecas!”, ollos fóra das órbitas, linguas penduradas queixo abaixo e cadeas de ouro enleadas entre os pelos do peito, os homes do tardofranquismo devoraban coa vista e a baba todo canto fose muller e non viñese cuberta por roupa até o nocello, como esixía o recatado estilismo católico de Jesús Delacroix. Así que, contrarrestando aquel desaforado canibalismo visual de quen levaba décadas na inopia da ditadura, tamén os estranxeiros enviaron as súas tropas a devolver o golpe.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros