Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Mitomanía

“Cine: Janis y John” (La 2, 22 h.)

Cultura 27/06/2011
  Envía a túa opinión

De cote a liña entre a admiración e a idolatría sáltase moi á lixeira, como se quen vai a facer a manicura e pintar as unllas acaba optando por facerse unha tatuaxe yakuza dende a punta do maimiño até o ombreiro. Pero a fascinación por persoas alleas ten motivos que o sentido común non entende e, ao cabo, aceptamos a palabra “fan” como unha definición inofensiva, esquecendo que ten a súa orixe na moito menos amable de “fanático”. Xa sexa peregrinar ao estadio do teu equipo ruxindo cantigas de aire vikingo e axitando bufandas, ou durmir 16 horas á intemperie para admirar proxectada nas pantallas xigantes do pavillón a imaxe de efebo de Justin Bieber, case que todos temos feito algún acto propio dunha fe máis ou menos ridícula.


Agardando a onda boa

“21 días: buscando la ola” (Cuatro, 23:45 h.)

Sociedade 24/06/2011
  Envía a túa opinión

O que teñen en común Manu Chao e o defunto Patrick Swayze é que pasaban os días esperando a última onda. O ex líder de Mano Negra facíao mentres choraba por Pachamama, mentres que o protagonista de “Chámanlle Bodhi” buscaba nun brazo de mar asasino a redención definitiva pola súa carreira criminal. Algo ten a contemplación absorta do mar, o vai e vén da maré, que o ser humano, recuperou as “agallas”, e non precisamente as dun peixe, para botarse a azul. Como o nadar cansa axiña, procurouse un vehículo mellor para remontar a escuma. De como a partir de aí xurdiron as melenas osixenadas, as bermudas de cintura baixa e perna longa, o dialecto da tribo, o neopreno e as táboas pintadas ao estilo do graffitti, con igual predicamento nos areais de Hawai que de Valdoviño, é algo que se nos escapa aos non iniciados na cultura do surf. 


“Yo te traigo clavelitos, colorados igual que un fresón”

“Cinefilia: Tuno Negro” (La 2, 22 h.)

Cultura 23/06/2011
  Envía a túa opinión

Que terá a universidade, que todos temos nostalxia dela? Así para os de 30, como para os de 50, como para os de 70, todos eles cando se fala da época na que cursaron estudos superiores erguen a súa ollada cara o ceo e deixan fuxir un alento de morriña. Ningún, tamén hai que dicilo, pensa nese intre nas aulas, ou nas materias aprendidas. Agás contadas excepcións que agardemos tivesen premio e agora exerzan de catedráticos, a práctica totalidade dos vellos universitarios pensan niso que de xeito tan cutre se deu en chamar “a escola da vida”. E matinan naquela liberdade fóra da casa experimentada por vez primeira, a xente de todas partes que se coñeceu, os amores que se tiveron e as festas que se correron. Hai quen non quere deixar fuxir esa memoria e por iso, á maneira de Batman cando calza a máscara, eles tamén de cando en vez visten a capa negra e saen a patrullar as rúas de noite. Claro que a adobían con fitas de cores e saen repenicando un pandeiro.


O chiringuito como oficina do INEM

“Comando Actualidad: ¿Dónde hay trabajo?” (La 1, 22:15 h.)

Sociedade 22/06/2011
  Envía a túa opinión

Un Ministerio de Traballo disposto a recuperar a máis potente industria do Estado, se exceptuamos a dos especuladores inmobiliarios, hai tempo que debera ter chegado a unha solución imaxinativa para promover un fluxo constante de ingresos e consumo a través do turismo. Ao meu ver, e malia a oposición furibunda dos tanoréxicos que só conciben as vacacións como unha oportunidade para avellentar a súa pel até que logra unha cor propia do churrasco, vai sendo hora de establecer unha quenda rotatoria de vacacións en todas as empresas e o funcionariado, de tal xeito que ao longo da vida laboral (vida e laboral, dúas palabras que casan mal xuntas) fóramos gozando do mes de asueto en quendas diferentes, ora en xaneiro, ora en xullo, ora en novembro. Lograríase unha contención de prezos asumible para o peto do consumidor e as empresas do sector non terían que despedir traballadores fóra do trimestre de ouro que vai de mediados de xuño a mediados de setembro.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros