392 atletas participaron na carreira pedestre popular de Ares e Mugardos. O primeiro percorreu os 10 quilómetros, 300 metros en 35 minutos. Ao tratarse dunha carreira popular non se outorgaron premios aos primeiros clasificados. O tempo acompañou dado que a choiva non fixo acto de presenza na mañá do domingo en Ferrolterra.
Un ano máis o Club Montaña Ferrol, lanza a súa actividade para despois do Nadal. O luns e o marte, organizará dous días da súa 4ª edición de "A queimar ou turrón". Como vén sendo habitual, todos aqueles que queiran queimar un par de calorías, poden atoparse no albergue de peregrinos de Neda, no paseo marítimo de Xubia, ás 17h, para ao longo duns 90 minutos, percorrer os case 7 km que supón o fondo da ría.
Tras o éxito de público e organización do partido da selección galega de fútbol, celebrado o sábado 27 no estadio de Santa Isabel de Santiago de Compostela, este luns a reclamación das seleccións trasládase á Praza do Obradoiro. O mundo do deporte e grande parte da xuventude non entenden as razóns da Xunta de Galicia para eliminar os combinados que levaban na camisola a bandeira azul e branca.
O plantel do Racing de Ferrol reanuda mañá domingo os adestramentos con sesións de mañá e tarde. Intentará convencer ao corpo técnico da súa valía o xogador de Costa de Marfil Kamate. Pero a directiva do club baralla outras posibilidades para lograr unha maior capacidade ofensiva do equipo.