Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

A banda coruñesa Tregua

Tregua presentan en primicia na Fnac “Luces y sombras”

Cultura 06/04/2011
  Envía a túa opinión

A banda coruñesa Tregua publicará o 25 deste mes de abril o seu terceiro álbum, Luces y sombras. Un disco que, en palabras do vocalista do grupo Mario García, “non sería posible sen o apoio dos nosos seguidores”. Por iso, para recoñecer o papel dos fans coruñeses, este venres presentarán o álbum en formato acústico na Fnac da Coruña ás sete e media da tarde. Os que se pasen polo espazo poderán adquirir en primicia o disco, 17 días antes da súa saída á venda. Luces y sombras é un reflexo do que foi este último ano e medio para Tregua. Ademais, contou cun produtor artístico de luxo, Carlos Escobedo (Sôber), que achegou “aire fresco” aos temas, asegura Mario.


Portada de “Canciones para no dormir”

Piscinas, máquinas de afeitar, tenis e movida en Bromea o qué?

Cultura 03/04/2011
  Envía a túa opinión

Situámonos nos anos 80, unha famosa marca de bolígrafos e máquinas de afeitar ficha a John McEnroe para a súa campaña publicitaria. Nela vemos unha pista de tenis e ao xuíz que di: “Moi apurado, señor McEnroe”, “¿Bromea ou qué? A bola entrou”, contesta airado o famoso tenista. “O seu afeitado, señor McEnroe, moi apurado”. Así, este anuncio marca o nacemento en plena ebulición da movida viguesa, en 1985, de Bromea o qué?. Os seus artífices son Luís Santamarina na batería, ex Aerolíneas Federales; Nico Pastoriza, voz e guitarra; Joaquín Morgado tamén na guitarra e Javier Lado ao baixo.


O amor e a sexualidade na Edade Media soen ser grandes descoñecidos

Unha sátira a un bispo alcohólico

Sociedade 02/04/2011
  Envía a túa opinión

Unha sátira a un bispo alcohólico é unha das composicións poéticas, recollidas e comentadas por Alexandre Ripoll e Bernardino Graña no libro “Vinte cantigas de escarnio e mal dicir”. Segundo os autores do volume, “tanto da rúbrica como do contido da propia cantiga, dedúcese que se trata dun ataque contra o bispo Miguel Vivas, aragonés de nación e moi afeccionado á bebida”.


Portada de “Fiz”

“Fiz, a revista do neno máis porco do mundo” iniciará aos cativos no cómic

Cultura 01/04/2011
  Envía a túa opinión

O debuxante galego Kiko da Silva, impulsor da revista Retranca, vén de pór en marcha un novo proxecto editorial. Trátase dunha publicación para iniciar aos nenos no cómic e que leva por título Fiz, a revista do neno máis porco do mundo. Un personaxe que Kiko creara para revista Golfiño e cuxas historias compilou nun libro editado en 2006 por Faktoría K. Non obstante, non só gozaremos das trasnadas de Fiz, senón tamén doutros personaxes e historias que crearán autores como Mel, Monteys, Fernando Iglesias (Kohell), Ed Carosia & Diego Arandojo; ilustradores como Víctor Rivas, Jali, José Domingo, Alex Fuentes & Busquet e Jorge García& Sagar; e mesmo un relato de Manuel Lourenzo. A revista estará nos quioscos de todo o Estado, en galego e castelán, o 15 de abril ao prezo de tres euros e terá unha periodicidade bimestral.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros