Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Onde está Pelopincho?

“Equipo de Investigación: Pelopincho” (Antena 3, 00 h.)

Sociedade 21/06/2011
  Envía a túa opinión

Non se pode descoidar o aspecto persoal nunca. Un non sabe cando unha mente enxeñosa, ao admirarte, discorrerá un alcume deses que se adhiren a túa persoa, o queiras ou non, de por vida. E os alcumes, ben o debéramos saber, son eloxiosos en moi poucas ocasións. Por máis que o bautismo non se faga con ánimo insultante, sempre pretenderá por de manifesto algunha característica que salta á vista, pois na constatación da evidencia reside o chiste dos nomes impostos polo uso. Así que cabe pensar que José Antonio Pouso Rivas se cadra non estaba moi esperto aquela mañá que se peiteou con forza co cepillo, dándolle unha e outra vez ao pelo para arriba, como se quixera gañar coas puntas do cabelo os centímetros que Berlusconi gañas cunhas alzas disimuladas no tacón do zapato. Se cadra foi un exceso de gomina o que lle deixou o peiteado cunhas puntas prominentes como as de Son Goku. O que sabemos e que dende un día xa esquecido, todos lle chaman Pelopincho.


Eloxio do látego

“Cine: Indiana Jones y la última cruzada” (Antena 3, 22 h.)

Cultura 20/06/2011
  Envía a túa opinión

O látego é unha arma de grande impacto visual pero á que a evolución da industria bélica someteu ao esquecemento, mesmo no cine, onde toda fantasía é posible. Ferramenta de tempos antigos, non tivo a sorte doutro arsenal como o arco ou as espadas, rescatados polos filmes de fantasía heroica e mesmo polas competicións olímpicas. Mais o estoupido desas puntas de coiro contra o chan, capaces de remover de medo as tripas de calquera valente, perdeu o seu oco no celuloide. Antano era a man executora do castigo nos barcos piratas e mesmo nos filmes que retrataban aos escravistas, aqueles que marcaban a súa propiedade arando as costas das súas vítimas con regos de sangue. Pasado tamén o tempo de gloria do circo, no que era elemento principal do espectáculo do domador para manter a raia ás bestas, o único oco do látego no cine está nas cintas triplo X, empuñado polas dominatrix. Aínda que, claro está, sempre nos quedará Indiana Jones. 


Presidente Madelman

“Cine: Air Force One” (La 1, 22 h.)

Sociedade 17/06/2011
  Envía a túa opinión

Se algún presidente de goberno imaxinamos capaz de enfrontarse a un escuadrón terrorista armado tan só das súas propias mans, ese tería sido José María Aznar. Pola súa maneira de manexarse na vida un imaxínao convencido do seu éxito na misión e pola súa maneira de saír da praia sempre que o retratan no verán, como unha Ursula Andress bigotuda, coa melena húmida e, sobre todo, os abdominais prominentes e unha musculatura recia, paga a pena comezar a orar pola vida dos viláns. Pero o seu é un caso pouco frecuente. Non sendo Schwarzenegger ou algún congresista estadounidense deses que se dedican a ligar por Twitter enviando fotos do seu torso esculpido en ximnasio e o seu pene esculpido por internet, o certo é que costa imaxinar a calquera outro mandatario como heroe de acción. E esa imposibilidade para un europeo que repara en Feijóo, Zapatero, Merkel, Sarkozy ou Berlusconi contrasta coa afección estadounidense a facer do primeiro entre eles un Madelman de combate.


Liña directa co máis alá

“Cine: Ouija” (La 2, 22 h.)

Sociedade 16/06/2011
  Envía a túa opinión

A posibilidade dunha existencia post-mortem é unha idea que bule nos miolos humanos cada certo tempo e non hai  maneira de acougar non sendo a de entregarse sen reparos á fe en calquera das súas vías. O convencemento cego nunha vida reencarnada ou ectoplásmica dende o cadaleito ou a bote de cinzas cara a normalidade cotiá é un antídoto que a moitos lles funciona, aínda que o lóxico é que cada certo tempo se abran fendas na nosa armadura de resurrección. Pero respostas, o que se di respostas de verdade, non hai quen as ofreza.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros