Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 25 de Xuño de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Portada de “Fiz”

“Fiz, a revista do neno máis porco do mundo” iniciará aos cativos no cómic

Cultura 01/04/2011
  Envía a túa opinión

O debuxante galego Kiko da Silva, impulsor da revista Retranca, vén de pór en marcha un novo proxecto editorial. Trátase dunha publicación para iniciar aos nenos no cómic e que leva por título Fiz, a revista do neno máis porco do mundo. Un personaxe que Kiko creara para revista Golfiño e cuxas historias compilou nun libro editado en 2006 por Faktoría K. Non obstante, non só gozaremos das trasnadas de Fiz, senón tamén doutros personaxes e historias que crearán autores como Mel, Monteys, Fernando Iglesias (Kohell), Ed Carosia & Diego Arandojo; ilustradores como Víctor Rivas, Jali, José Domingo, Alex Fuentes & Busquet e Jorge García& Sagar; e mesmo un relato de Manuel Lourenzo. A revista estará nos quioscos de todo o Estado, en galego e castelán, o 15 de abril ao prezo de tres euros e terá unha periodicidade bimestral.


O intérprete e letrista madrileño Luís Ramiro

Luís Ramiro volve a Compostela con ganas de reencontrase co público do Pub Sónar

Cultura 31/03/2011
  Envía a túa opinión

O intérprete e compositor madrileño Luís Ramiro fai parada ás nove e media desta noite no Pub Sónar de Compostela na xira de presentación do seu terceiro álbum, El mundo por delante, que sacaba a venda o pasado 8 de marzo. É a segunda vez que o músico visita Galicia e o espazo santiagués do que, segundo comentou en Radiofusión, garda un moi bo recordo. “A primeira vez que actuei en Santiago foi unha sorpresa, había moita xente e un centenar de persoas do público coñecíanse as miñas cancións, mesmo as que non tiñas publicadas en álbum”, dixo. Luís Ramiro confía en repetir experiencia. Para ocasión, e dado o reducido do lugar, actuará só cun formato de concerto moito máis íntimo e próximo á xente. As entradas custan dez euros.


The Midnight Travellers actuarán en Vigo e A Coruña

The Midnight Travellers volven con “Ant made” á conquista do público galego

Cultura 29/03/2011
  Envía a túa opinión

No pasado mes de outubro e cunha década de traballo ás súas costas, a banda rock The Midnight Travellers pisaba por primeira vez terras galegas. A Coruña e Vigo foron os lugares elixidos nesa visita na que os barceloneses presentaron ao vivo o seu segundo álbum, Ant made. Esta semana volven a pisar a cidade herculina e a olívica para afianzar o seu son e o seu directo en Galicia. O venres actuarán na Mardi Gras ás dez da noite e o sábado no Iguana Club a partir da medianoite. As entradas xa están á venda a 6 euros anticipadas e 8 na billeteira.


Portada de “Feito na casa”

O Caimán do Río Tea engorda ao “entrar na lavadora”

Cultura 27/03/2011
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

1991, en Ponteareas, catro rapaces deciden ocupar o seu tempo libre montando unha banda de rock, O Caimán do Río Tea. Case sen experiencia musical Rafa Leiras encargaríase da voz, Miki Flojeras da guitarra, Xosé Cambra da batería e Ramón Fernández do baixo. O seu primeiro éxito acádano coa surrealista “Estou na lavadora”, todo un hit do Xabarín Club. O tema forma parte do primeiro compilatorio A cantar con Xabarín que Boa editou en 1994,

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros