Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

De Escarlata á Operación Malaya

“Hoy quiero confesar” (Antena 3, 22 h.)

Sociedade 15/06/2011
  Envía a túa opinión

Mentres a deda de Kiko Rivera medraba ata o tamaño de Godzilla, vítima dun ataque de gota, a súa nai erguía o veto que mantén contra Telecinco por todas as falcatruadas que lle ten feito a cadea e, por vía telefónica entre a finca Kantora e unha praia de Honduras (ese país que a Federico Trillo sempre lle lembrou a O Salvador) animaba ao fillo a manter alto o nome da saga familiar nun foro tan privilexiado como “Supervivientes”. Isabel Pantoja, mal que lle pese a Penélope Cruz ou Elsa Pataky, segue a ser para unha gran parte da poboación a muller máis famosa de España en dura loita con Belén Esteban. 


O píxel como fonte de inspiración

“El Taquillazo: Max Payne” (La Sexta, 22:30 h.)

Cultura 14/06/2011
  Envía a túa opinión

Hai anos, mesmo décadas, que se alerta da crise da industria cinematográfica: nunca roemos flocos de millo abondos na escuridade para saciar os húmidos soños recadatorios dos produtores de Hollywood. Falar do esmorecemento do cine é como facelo do da literatura: que non se venda tanto como outrora non quere dicir que se escriba o seu filme menos ou peor. As queixas redúcense á perspectiva de quen, pola necesidade de recuperar un diñeiro apostado, ten que medir todos os resultados en cantidade e non en calidade. Por algún tipo de regra non escrita, e tamén mediante unha reiteración aplicada por fórceps, quéresenos convencer aos espectadores de que o primeiro parámetro é mellor que o segundo. Os anuncios da prensa convídante a ir ás salas porque outros 80 millóns de persoas xa o fixeron, non porque a historia pague a pena.


Máismola. WTF?. LOL.

“Física o Química” (Antena 3, 22 h.)

Sociedade 13/06/2011
  Envía a túa opinión

Entre as forzas que impulsan as colectividades humanas cara adiante está non só a loita de clases, senón o conflito xeracional. Existe unha perpetua tensión edípica que comina a matar (figuradamente e non en plan parricidio) aos pais para tirar abaixo o freo da tradición e experimentar unha nova orde. Porén, semella que a enerxía cinética que fai avanzar a roda social vai perdendo forza a cada xiro e as remudas son máis estéticas que estruturais. Os adultos de hoxe teñen adheridas perpetuamente as mans ás témporas por fenómenos como o botellón, pero gardan nalgún recanto da súa memoria romarías da súa mocidade nas que se enchispaban tanto ou máis que os mozos de agora. Espántanse pola filiación gótica das súas fillas e das de Zapatero tamén, e non lembran que troularon por aí con pantalóns de pata de elefante proclamando o amor libre. As rebeldías atenúanse todas co tempo até chegar a unha certa “Madurez”, que ese é o título do capítulo final de “Física o Química”.


Paraugas de mans libres ou a fin da escravitude

“Callejeros: Inventos” (Cuatro, 22:45 h.)

Sociedade 10/06/2011
  Envía a túa opinión

Se vivisen nesta época, nin Marconi tería inventado a radio, nin Edison a bombilla, nin Meucci o teléfono, nin os Irmáns Lumiére o cine, nin o nosos antepasados peludos a roda: estarían todos deseñando aplicacións para o IPhone e o Facebook. É un signo dos tempos que boa parte da creatividade da especie comece a derivarse cara escenarios virtuais que invaden devagar o que viñamos chamando vida real. Hogano xa non temos por que aprendermos a cociñar diante dunha pota ao lume. Haiche aplicacións para teléfonos máis intelixentes que os seus donos que che relatan mecanicamente cada paso que cómpre dar para facer un guiso. E non obstante, cóntanse aínda tantas eivas que resolver na nosa realidade física que menos mal que, por máis que a riqueza instantánea estea hoxe en Silicon Valley e non no rexistro de patentes, existe xente que teima en inventar solucións para a vida real. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros