Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 24 de Xuño de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Eladio y los seres queridos

Eladio y los Seres Queridos comezan en Vigo a xira de “Están ustedes unidos”

Cultura 23/03/2011
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

O Novo Tinglado do Porto de Vigo, detrás do edificio da Xunta, servirá de escenario para presentación ao vivo de Están ustedes unidos (Esmerarte/ Altafonte), o segundo álbum de Eladio y los Seres Queridos. O concerto comezará ás nove da noite con entrada de balde e segundo confesou o propio Eladio Santos en Radiofusión, “a banda está moi ilusionada con esta nova etapa e o directo, pero non nerviosa”. A cidade olívica é só o comezo. Ao día seguinte, o grupo presentará o disco na Fnac da Coruña. Un traballo “moito máis ambicioso, máis denso e profesional, cunha banda máis grande”, salienta o músico vigués.


O sindicato demandará de novo a creación desta especialidade artística

Educación reitera a súa negativa a unha especialidade de dirección de orquestra en Galiza, segundo a CIG

Sociedade 22/03/2011
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

No proxecto de Decreto polo que se estabelecen as ensinanzas artísticas superiores de Grao de Música en Galiza, que será tratado na Mesa Sectorial Docente non Universitaria do día 24 de marzo, a Consellaría de Educación segue opóndose a que se imparta a especialidade de Dirección de Orquestra nos Conservatorios Superiores de Música en Galiza. Na actualidade, non hai ningún profesor especialista en Dirección de Orquestra nin no Conservatorio Superior da Coruña nin no de Vigo, e, no entanto, a Consellaría, malia a demanda da CIG-Ensino e dos propios conservatorios, continúa negándose a ofrecer esta especialidade.


Maryland presenta segundo album

Maryland volven con máis rabia en “Get cold feet”

Cultura 22/03/2011
 9 comentario/s - Envía a túa opinión

O quinteto vigués Maryland publica hoxe o seu segundo álbum, Get cold feet. Un disco máis contundente e enérxico que o anterior, Surprise, co que a banda se aproxima máis ao directo. “As letras e o son amosan máis rabia”, afirmou en Radiofusión o vocalista e guitarrista do grupo, Rubén Castelo, quen asegurou tamén que o proceso de composición foi longo, dando como resultado cancións máis inspiradas e directas. Maryland presentan en concerto Get cold feet pasadomañá xoves na sala Clavicémbalo de Lugo e o venres na Fábrica de Chocolate de Vigo. Rubén adiantou que intentarán tocar integramente este segundo traballo e tamén algún dos temas do anterior.


O concurso de GalegoLab outorga un premio de 300 euros que aportaron os usuarios da páxina

“Co galego… ata o inferno”, gañador de 24 horas galego fullscreen

Cultura 21/03/2011
 6 comentario/s - Envía a túa opinión

“24 horas galego fullscreen ”, concurso de curtametraxes promovido pola web GalegoLab, xa ten gañador: “Co galego… ata o inferno”, de Roberto Conde. O vídeo pódese ver en eufalo.tv, na seguinte ligazón: http://eufalo.tv/video/co-galego-ata-o-inferno/ . Para este licenciado en Comunicación Audiovisual non era a primera incursión no mundo das curtametraxes, pero aínda así amósase moi agradecido polo premio: “sempre é bonito ver que alguén valora positivamente o que fixeches”, a pesar de que, tal e como explica, “cando te presentas a un concurso coma este, o que che interesa é colaborar co proxecto, neste caso pola lingua”. “Estas iniciativas son totalmente positivas. O problema é que, en 2011, aínda sigan sendo necesarias”, afirma.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros