Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

A ollada do século XX

“Epílogo: Jorge Semprún” (Canal +, 19:30 h.)

Cultura 09/06/2011
  Envía a túa opinión

A entrevista, como xénero, desapareceu da televisión. De cando en vez, asoma algunha, case pedindo perdón, no medio dun informativo ou dun programa ignoto nunha canle de novas 24 horas, desas que tamén ameazan con marchar porque semella que, nin coas 70 canles da TDT, hai lugar abondo para darlle abeiro á oferta de reality-shows. Tan mal estaba a saúde da conversa perante as cámaras que, nos tempos da realización dinámica e videoclipeira, tan só se permitía o rancio plano e contraplano da entrevista cando o propio xornalista era tan ou máis estrela que o interrogado: acordámonos de Pedro Ruiz e do Loco da Colina, se cadra non tanto de aqueles aos que lles facían as preguntas. Así as cousas, temos claro que as entrevistas cara a cara, non eses pelotóns de fusilamento con varias linguas disparando a un tempo que patentaron os programas rosas, teñen vedadas as pantallas. Agás, claro está, que se trate dunha circunstancia excepcional.


Ciencia ficción contemporánea: xefes manchando as mans

“El Jefe” (Antena 3, 23 h.)

Sociedade 08/06/2011
  Envía a túa opinión

Se algo curioso hai no movemento de acampados do 15M é a teimosía en reivindicar o funcionamento asembleario, un modelo de organización que, de tan democrático, foi desbotado hai tempo xa polas principais organizacións da propia sociedade democrática, que o consideraban, coa boca pequena, paralizante, pouco eficiente e traballoso. Ninguén dixo nunca que chegar a acordos entre pares fose sinxelo, pero contaminada como está a cousa pública polo modelo adorado da empresa capitalista, finalmente se impuxo en todos os ordes a estrutura piramidal, cunha cabeza que ordena e manda, e unha masa que simplemente acata e executa. Tárdase máis ou menos tempo, pero se lle preguntan a César, María Antonieta ou Mubarak, lles dirán que, máis cedo ou máis tarde, a cabeza remata rodando de resultas da inevitable tensión entre aquel ao que designan xefe e acaba créndose a súa condición, e os sometidos ao seu mandato, sempre hipersensibles a calquera xesto de despotismo. 


Xustiza rosa

“Especial: Operación Campanario” (Antena 3, 23:45 h.)

Sociedade 07/06/2011
  Envía a túa opinión

Non poucos son os temas da actualidade galega que pasan polos tribunais e que agardan a sanción da Xustiza. Pero, até que os maxistrados batan con forza co mazo no estrado, o que sabemos en realidade das posibles tramas fraudulentas que nos rodean apenas abonda para rabuñar a superficie da verdade. E todo iso non polos segredos de sumario ou a falla de probas, senón porque non existe unha conexión directa coas celebridades populares, o cal nos tería permitido a estas alturas saber até o material do que están feitos os empastes dentais dos imputados. Imaxinen aos responsables do IGAPE mantendo romances con algunha ex concursante de Gran Hermano, ou aos cargos de Sogama que supostamente dirixían a adxudicación de contratos dando diñeiro a unha subcontrata de Jesulín de Ubrique, ou que as vieiras furtivas da Operación Capacho se distribuísen a un pub propiedade da Pantoja. Mesmo se o catálogo de fármacos polo que preitean Xunta e Goberno central incluíse pílulas das que tomaba a defunta Carmina Ordóñez, a estas horas sería un caso resolto.


A reemisión como truco espazotemporal

“Cine: Déjà vu” (Cuatro, 22:30 h.)

Sociedade 06/06/2011
  Envía a túa opinión

Mereceu páxinas de prensa a tentativa de explicar a devoción dun país por unha historia de Cincenta en Rodeo Drive que hipnotiza os mandos a distancia cada vez que se emite. A fascinación da mesma audiencia que por millóns se emociona coas bágoas de Belén Esteban -“mentiendes?”- e cos partidos de fútbol en prime-time, pola enésima repetición de “Pretty Woman”, un filme que xa se anticipa antes de velo por vez primeira e que, aínda así, se revisita unha e outra vez con idéntica paixón, ten desconcertados a críticos de televisión e expertos en audiencias. Este tipo de fenómenos só cabe explicalos dende o convencemento de que, en medio século de pantallas, desenvolvemos unha cultura audiovisual cos seus propios mitos e patoloxías, e tamén cos seus misterios. A estratexia dos programadores de repetir ciclicamente os mesmos contidos, en troques de provocar a desafección da audiencia, crea en nós o acto reflexo do can de Pavlov á procura das mesmas sensacións gozosas da primeira vez. A fórmula de “Pretty Woman” repítese sempre que hai ocasión.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros