Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Maryland presenta segundo album

Maryland volven con máis rabia en “Get cold feet”

Cultura 22/03/2011
 9 comentario/s - Envía a túa opinión

O quinteto vigués Maryland publica hoxe o seu segundo álbum, Get cold feet. Un disco máis contundente e enérxico que o anterior, Surprise, co que a banda se aproxima máis ao directo. “As letras e o son amosan máis rabia”, afirmou en Radiofusión o vocalista e guitarrista do grupo, Rubén Castelo, quen asegurou tamén que o proceso de composición foi longo, dando como resultado cancións máis inspiradas e directas. Maryland presentan en concerto Get cold feet pasadomañá xoves na sala Clavicémbalo de Lugo e o venres na Fábrica de Chocolate de Vigo. Rubén adiantou que intentarán tocar integramente este segundo traballo e tamén algún dos temas do anterior.


O concurso de GalegoLab outorga un premio de 300 euros que aportaron os usuarios da páxina

“Co galego… ata o inferno”, gañador de 24 horas galego fullscreen

Cultura 21/03/2011
 6 comentario/s - Envía a túa opinión

“24 horas galego fullscreen ”, concurso de curtametraxes promovido pola web GalegoLab, xa ten gañador: “Co galego… ata o inferno”, de Roberto Conde. O vídeo pódese ver en eufalo.tv, na seguinte ligazón: http://eufalo.tv/video/co-galego-ata-o-inferno/ . Para este licenciado en Comunicación Audiovisual non era a primera incursión no mundo das curtametraxes, pero aínda así amósase moi agradecido polo premio: “sempre é bonito ver que alguén valora positivamente o que fixeches”, a pesar de que, tal e como explica, “cando te presentas a un concurso coma este, o que che interesa é colaborar co proxecto, neste caso pola lingua”. “Estas iniciativas son totalmente positivas. O problema é que, en 2011, aínda sigan sendo necesarias”, afirma.


Acto sobre Lois Pereiro en Perlío (agosto 2010)

Lois Pereiro protagoniza o Dia Mundial da Poesía

Cultura 21/03/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Marilar Aleixandre, Luís González Tosar e Manuel Rivas participarán no acto Unha ollada de luz no vento co que o Consello da Cultura Galega quere conmemorar este 21 de marzo, o Dia Mundial da Poesía. O recital comezará ás 19,30 horas no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, e xirará en torno á obra de Lois Pereiro, poeta ao que a Real Academia Galega adica este ano o 17 de maio, Dia das Letras Galegas.


Xenreira

O rock irmandiño de Xenreira

Sociedade 20/03/2011
  Envía a túa opinión

En plena efervescencia bravú, no ano 1994, Davide Senén á voz, Silverio Otero na batería, Maki á guitarra, Manuel Balboa no baixo, Marcos Payno ao saxo alto e á voz, Sevi co saxo barítono e Pino Ricciardi coa guitarra, forman Xenreira. Os primeiros ensaios fanos con instrumentos prestados e mesmo con caixas de cartón, pero a pesar destas eivas os estradenses tiñan claro que a música é a vía de escape das súas reivindicacións e o mellor xeito de loita. Desa conciencia social e política nace unha vertente ao bravú, o rock irmandiño.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -193 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros