Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Ama ao próximo

“Conexión Samanta: Católicos gays” (Cuatro, 00.15 h.)

Sociedade 03/06/2011
  Envía a túa opinión

Dise que o hábito non fai o monxe, pero o certo é que hai monxes que teñen uns hábitos que dan falar. As congregacións, o que teñen é que xuntan a unha morea de xente e se agarda delas unha certa uniformidade, xa sexa no vestir, xa sexa na maneira de comportarse. Pero a humanidade aínda estaría facendo lume a base de bater pedras, de non ser porque un día apareceu un díscolo ao que lle deu por inventar o chisqueiro primitivo e o horizonte mental da especie medrou. É só aceptando o novo e diferente que se superan os esquemas arcaicos e se pode mirar cara ese fulgor que chaman progreso. Acontece que no Vaticano non están por poñer as gafas de sol. Hai que entender ao Papa e aos prelados: o “Scattergories” é seu, e os que queiran botar unha partida ao seu xogo, que se atinxan ás regras. O problema terano o día que non lles quede máis remedio que botar un solitario.


Un país tropical

“Galegos no mundo: Río de Xaneiro” (TVG, 22 h.)

Sociedade 02/06/2011
  Envía a túa opinión

Mal non se debe vivir, non. As persoas que coñezo que pasaron unha tempada no Brasil, todas pronuncian palabras novas pero estimulantes: bunda, que disque son eses dous músculos que se exercitan camiñando nas praias de Copacabana separados por un fío de nome tamén importando pero xa adoptado polo dicionario propio, o tanga; tamén está o fogó, que seica é un estilo musical acelerado para o baile e a festa; e, por suposto, a cachaça e as múltiples variedades de caipirinha que cómpre beber como a auga para alixeirar os suores e o espírito. Se esas son as palabras do vocabulario dos nosos curmáns lingüísticos da América que nos restan por aprender, non sei que facemos todos dándolle bicos ao frío manto dourado de Santi na Catedral compostelá e non apertando a ese Cristo do Corcovado que está sempre cos brazos abertos para recibirnos en Río de Xaneiro coas palabras sacrosantas de Bertín Osborne: “Mira que praia, mira que sol, xente bonita ao teu arredor!”.


Parques do século XXI

“Comando Actualidad: Con vistas al parque” (TVE, 22:15 h.)

Sociedade 01/06/2011
  Envía a túa opinión

Nun parque pódese facer case de todo, anuncia Televisión Española para presentar unha reportaxe sobre os pulmóns verdes das cidades. Resulta difícil explicalo mellor. Tamén habería que especificar que, ao igual que os Gremlins, os parques urbanos teñen uns horarios moi estritos que é preciso cumprir para non ter unha sorpresa desagradable. Así, no da miña cidade acórdame ben de pequeno  andar troulando durante a hora da merenda, á carreira entre a variedade botánica, os bustos de señores moi serios e moi esquecidos, e frear ao can para que non se botara de cabeza á fonte chea de carpas. Todo iso, á luz do día. 


Decrepitude inmobiliaria

“Repor: Donde habita el olvido” (TVE, 00:45 h.)

Sociedade 31/05/2011
  Envía a túa opinión

Todas as túas afeccións semellan convencionais cando coñeces a un rapaz que organiza fins de semana nos que visita edificacións abandonadas, armado cunha gravadora, para captar calquera mensaxe espectral que habite aínda entre as estancias baleiras. Polo que me teñen contado os amigos valentes abondo para acompañalo nunha desas expedicións (en moitos casos nocturnas e que teñen a mesma aparencia coa que comezan os filmes da Matanza de Texas nos que as vítimas van caendo unha a unha) non arrepía tanto o camiñar por lugares arrasados como o momento no que se preme o botón de “Play” no vello reprodutor e cada crepitar da cinta de casete parece un soliloquio dun espírito perdido. Aínda nunca foi quen de identificar os supostos berros desesperados, pero un apostaría o corazón que foxe pola boca  a que o que se escoita son os choros dos que investiron a súa vida nunha hipoteca para pagar unha vivenda que agora esmorece.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros