Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

Os rapaces gozan con eventos como a Compostela Cup

Centos de rapaces poñen en valor o deporte de base na Compostela Cup

Deportes 29/06/2009
  Envía a túa opinión

A Compostela Cup do Camiño é un evento que se celebra desde hai cinco anos, organizado pola Fundación Compostela Deporte. A capital galega está a acoller a fase final deste evento deportivo, onde desde mediados deste mes de xuño e ata o 11 de xullo se están a suceder as competicións en atletismo en pista e ruta, balonmán, baloncesto, fútbol-sala, fútbol 7, fútbol 11, ciclismo, xadrez e tenis de mesa.

 


José Luís Bouza

José Luís Bouza, camiño de facer o seu mellor ano tras meterse na final do europeo

Deportes 26/06/2009
  Envía a túa opinión

José Luís Bouza foi un dos grandes protagonistas da primeira xornada dos Campionatos de Europa de Piragüismo que se están a celebrar en Brandenburgo, Alemaña. O padexeiro galego meteuse directamente na final de C-1 1.000 metros, tras gañar a súa serie. O de Tui tamén pasou á final de C-2 1.000, formando parella co tamén tudense David Costa.


Curso de defensa persoal do Mestre Montero

Proliferan os cursos de defensa persoal, un deporte que mellora a protección e a saúde mental

Deportes 25/06/2009
 10 comentario/s - Envía a túa opinión

Tanto en Galicia como no resto do Estado están a proliferar os cursos de defensa persoal e mesmo se están a especializar no sector feminino, con vistas a impedir unha posible agresión. Unhas clases que se converten en maxistrais se o encargado de impartilas é o mestre e adestrador estatal de judo e defensa persoal, Manuel Montero. O obxectivo é facer exercicio físico e manterse en forma; aprender técnicas que nos fagan sentir máis seguros e confiados; ou adquirir coñecementos para certas prácticas profesionais.

 


Cadro do Amfiv

O Amfiv tratará de recuperar a canteira na nova tempada

Deportes 24/06/2009
  Envía a túa opinión

A estas alturas do ano, mentres nalgúns deportes comeza a tempada forte de competición, noutros toca descansar para preparar un novo ciclo. Este é o caso do baloncesto en cadeira de rodas que en Galicia ten ao Aldasa Amfiv de Vigo como un dos seus maiores expoñentes. A directiva vén de presentar ao novo adestrador, Abraham Carrión, cun amplo currículo como seleccionador andaluz e tamén nos banquiños, onde conseguiu dobretes como a Liga e a Copa do Rei co Once Andalucía. Non obstante, o técnico non é o único protagonista do equipo, tamén a única xogadora feminina do Amfiv, Vicky Alonso, que hai pouco participou en Italia nun encontro coa selección transalpina, co fin de medir forzas antes do europeo de agosto. Igualmente, o presidente do club, Pablo Beiro adiantou que na nova tempada apostarán por recuperar a algún deses xogadores saídos da canteira do Amfiv como David Mouriz, Bernabé Costas, Julio Vilas ou Agustín Alejos.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros