Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 20 de Xullo de 2018

Programas > Festa do Cabalo

Información do programa Novas do programa

Fotografia presentada por Javier Vilar González

Un salto acrobático de Javier Vilar, premio do certame fotográfico do cabalo

Sociedade 12/09/2009
  Envía a túa opinión

Cunha imaxe dun salto acrobático dun cabalo, Javier Vilar resultou gañador do Certame de fotografias do cabalo, convocado pola Asociación Veciñal de Magalofes e Radiofusión. O xurado destacou da imaxe gañadora, que, parece unha fotocomposición, sen selo. Segundo afirmaron, "o cabalo, motivo da convocatoria do concurso, convírtese en protagonista absoluto, en centro xeométrico dun encuadre perfeito". O momento do salto captado, parece unha composición artificiosa, e nel contrastan as firmes cores do cabalo coa intensa luminosidade do dia. O gañador recibiu o premio dunha cea e unha noite na Casa de Turismo Rural A Pousadoira en Callobre (Miño).


1

Un retrato, segundo premio do certame da fotografia do cabalo

Sociedade 12/09/2009
  Envía a túa opinión

No segundo premio estamos diante dun retrato, no que o protagonista absoluto é o cabalo, mesmo podendo prescindir do fondo da imaxe, que resulta irrelevante. Está posando e mira de esguello ao fotógrafo. Parece que se peiteara as crines con agarimo, antes de someterse á sesión fotográfica.
Fotografia presentada por Manuel Porto.


Fotografia presentada por Xan Xe Corral

Tira! de Xan Xe Corral, terceiro premio no certame de fotografia do cabalo

Sociedade 12/09/2009
  Envía a túa opinión

Sorprende a elección do branco e negro que lle da un ambiente máis rústico e tradicional moi dacordo co motivo da festa. Reflexa á perfección o diálogo que se establece entre o home e o cabalo. Traduce e describe a épica da proba de esforzo que está a realizar o cabalo. Moi equilibrados os planos entre o público e o protagonista da festa.


Espectáculo de danza na festa (Fotografia: Xan Xe Corral)

Calidade e profisionalidade no certame de fotografia do cabalo de Magalofes

Sociedade 11/09/2009
  Envía a túa opinión

O xurado do certame de fotografía do cabalo convocado pola Asociación Veciñal de Magalofes e Radiofusión valorou a elevada calidade e profisionalidade das imaxes presentadas ao concurso. Mañá sábado ás 12,30 da mañá no local da entidade cidadán daráse lectura á acta do xurado e faráse entrega dos premios.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros