Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Programas > Zona Verde

Información do programa Novas do programa

Arbore botella no Ramo en Barallobre (Fene A Coruña)

A árbore botella do Ramo

Sociedade 11/03/2012
  Envía a túa opinión

Un tronco con pinchos é unha das características máis singulares da Brachychiton Populneus ou “árbore botella”. Tamén presenta uns froitos verdes en gran profusión. 2 árbores desta especie exótica, amósanse na “finca do xastre” no lugar do Ramo en Barallobre – Fene (A Coruña).


Os cedros ubícanse na coñecida como

Os cedros do Ramo en Barallobre

Sociedade 19/02/2012
  Envía a túa opinión

2 cedros do Líbano medran no lugar do Ramo de Barallobre, na antiga estrada que quedou cortada coa supresión do paso a nivel.  Plantounos o propietario da finca en 1959,  cando se construiu a vivenda. O arquitecto Gerardo Calviño, autor tamén do Hospital Xeral de Caranza, deseñou a edificación e trouxo os dous exemplares  arbóreos.


San Valentín celebra as súas festas patronais esta fin de semana

A mimosa no centro xeográfico de San Valentin

Sociedade 11/02/2012
  Envía a túa opinión

Unha mimosa (acacia dealbata) de máis de 7 metros de altura decora o centro xeográfico de San Valentín. Plantáronna os veciños cando comezou a agromar esta barriada obreira, agrupación de vivendas impulsada polos traballadores que se achegaban na década dos anos 70 ao estaleiro de Perlío.


Camelia do camiño da Vrea en Maniños (Fene A Coruña)

O Congreso Internacional da Camelia celebraráse en Pontevedra no 2014

Sociedade 04/02/2012
 21 comentario/s - Envía a túa opinión

O Congreso Internacional da Camelia celebraráse no ano 2014 en Pontevedra. Pero o evento terá actividades paralelas no Pazo de Mariñán e en Fene, como mostra do íntimo vencello deste municipio con este xénero procedente de Asia, e denominado así en homenaxe ao misioneiro Gregorio Camel, que realizou estudos de zooloxia e botánica na illa de Luzón en Filipinas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros