Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 26 de Maio de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

Tractores dirixíndose este mediodía ata Compostela

Un milleiro de tractores reclaman na rúa un prezo digno para o leite

Sociedade 17/06/2009
  Envía a túa opinión

Co obxectivo de reclamar un prezo digno para o leite, que cubra os custos de produción, un milleiro de tractores ocuparon nesta xornada as rúas e estradas de distintas localidades do país para dirixirse cara Santiago, A Coruña, Ferrol, Vimianzo, Chantada, Lugo e Ribadeo. O programa Onda Rural coñeceu de primeira man os datos desta mobilización a través dunha conversa coa secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire.


Samuel Juárez e Elena Espinosa mantiveron unha xuntanza en Madrid

O Ministerio do Medio Rural analiza a creación dunha base antiincendios en Becerreá

Sociedade 16/06/2009
  Envía a túa opinión

A prevención de incendios e as solucións para a crise do sector leiteiro son dous asuntos de especial relevancia para Galicia que requiren coordinación entre as administracións estatal e autonómica. O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, reuniuse coa ministra do ramo, Elena Espinosa, e trataron cuestións como trasladar a sede da Interprofesional Láctea a Galicia ou crear unha nova nova base antiincendios en Becerreá (Lugo). Da prevención de lumes falouse tamén na Conferencia Sectorial do Medio Ambiente na que participaron representantes do goberno central e das distintas comunidades autónomas. Eses dous encontros centraron o programa Onda Rural.


Os sindicatos acusan á distribución de extorsionar a industria e produtores

Os produtores lácteos protestarán o venres en grandes superficies comerciais

Sociedade 15/06/2009
  Envía a túa opinión

Os supermercados e grandes superficies atópanse no punto de mira dos produtores lácteos. Os tres sindicatos agrarios e a asociación de cooperativas convocaron unha xornada de mobilizacións para este venres, día 19, para protestar contra as prácticas dos distribuidores, aos que acusan de “extorsionar” a industrias e gandeiros, favorecendo o engano dos consumidores. Antes desa data, xa este mércores 17, os tractores saíran á rúa en distintas comarcas da comunidade atendendo a unha convocatoria do Sindicato Labrego Galego. O programa Onda Rural centrou a súa atención nas mobilizacións que os gandeiros teñen previstas para esta semana.


A Xunta advirte do especial risco de incendios ao que Galicia se enfronta este verán

Entre 23 e 75 patrullas do Exército colaborarán na loita contra os incendios

Sociedade 12/06/2009
  Envía a túa opinión

"A loita contra o lume é unha prioridade máxima para o goberno". Declarouno o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao presentar un convenio co Ministerio de Defensa que permitirá o despregue de entre 23 e 75 patrullas do Exército para a prevención de incendios. O programa Onda Rural recolleu este anuncio, pero tamén deu a coñecer polo miúdo o plan preparado pola Consellería do Medio Rural para loitar este verán contra as lapas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros