Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Programas > Informativos de Radio Fene

Información do programa Novas do programa

Paseo Bieito Cupeiro- Fene

Chega o Verán máis alá a Fene

Sociedade 01/06/2016
  Envía a túa opinión

O concello de Fene lanza unha nova convocatoria do "Verán máis alá" o campus lingüístico de conciliación da vida laboral e familiar que se desenvolverá nas instalacións do colexio Centieiras de Perlío do 1 ao 29 de xullo.
O concello de Fene entrega esta tarde os Premios do Concurso escolar de Microrrelatos e e presenta a publicación que recolle os textos gañadores.  Faino ás sete da tarde no salón de actos da Casa da Cultura.
O barrio de Caranza acolle o domingo a III Carreira Solidaria SOS Drogodependencias ferrolterra. Pretenden fomentar o deporte e a actividade física como un dos mellores antídotos contra as drogas. E tamén recaudar fondos con destino a ASFEDRO.


Foto de arquivo

A Anpa da escola de Sillobre oponse ao peche dunha aula

Sociedade 31/05/2016
  Envía a túa opinión

A Xunta de Galicia pretende unificar as dúas aulas que se imparten na escola de Sillobre nun único grupo e así prescindir dunha das duas mestras que imparten clase neste centro dende hai máis de 20 anos. Recibiron a noticia hai uns 15 días e a A AVV e a Anpa rexeitan esa decisión. Por iso veñen de iniciar unha recollida de sinaturas contra a unificación que suporá xuntar aos nenos-as de infantil ( 3 a 5 anos) coa de primaria con pequenos-as de 6 e 7. Esta medida suporía a supresión dunha das mestras da escola e unha soa non pode encargarse de todo.


As ximnastas no podio

Perlío e Barallobre siguen na Copa

Sociedade 30/05/2016
  Envía a túa opinión

Siguen na carreira pola Copa de futbol afeizoado de Ferrol, o Barallobre e o Perlío, casualmente despois de empatar os respectivos encontros e de ter que solventar a eliminatoria cunha tanda de penaltis. O Maniños quedou apeado ante un terrible Eume e non puido facer doblete esta campaña. Éxitos tamén troixo a Fene a Ximnasia Rítmica.


Os maios protagonizaron a mañá en Maniños

O cine europeo abre as noticias hoxe

Sociedade 27/05/2016
  Envía a túa opinión

Vintecatro alumnos e alumnas e quince profesores participan esta semana nun encontro do programa Action no IES de Fene. O cine e as curtametraxes son este ano o nexo de unión desta iniciativa na que participan xentes procedentes de Turquia, Romenia, Polonia, Francia e Galicia. Hoxe visitaron Radio Fene estudantes e profesoras  representantes destes países para contarnos como vai o programa europeo e a súa estancia en Galicia. Por aí comezamos hoxe o tempo das noticias deste venres 27 de maio, no que tamén temos maios en Maniños e Perlío e peche das Letras Galegas co teatro en Sillobre.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros