Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 18 de Xaneiro de 2018

Programas > Club de lectura

Información do programa Novas do programa

Antón Cortizas en Radio Fene

A utopía permítenos buscar a bondade, afirma Antón Cortizas

Cultura 29/06/2017
  Envía a túa opinión

“O inicio de Leonel é unha viaxe en tren que lembra o traxecto de Ferrol a Miño que eu facía moitas veces na miña adolescencia” lembra o escritor Antón Cortizas, autor da novela Leonel, ambientada en Grandal (Vilarmaior). O uso das novas tecnoloxías pode empobrecer a forma de falar da poboación e en particular da mocidade, advirte Antón Cortizas. A lectura enriquece e o manexo de vocabulario amplia as posibilidades de comunicación. “O horizonte, a utopia é o que permite que as persoas intenten buscar a bondade” indica Cortizas.


Anxos García Fonte, Cesáreo Sánchez Iglesias, Andrés C.M.Riveira, Esther Val e Henrique Sanfiz

A poesía é presente pero tamén tradición

Sociedade 22/06/2017
  Envía a túa opinión

“A poesía é fundamentalmente presente pero tamén é tradición” afirma o escritor Cesáreo Sánchez Iglesias, quen salienta a necesidade de ofrecer linguaxes novas e de actualidade, dentro da voz poética. Con este libro o autor emprende unha viaxe arredor da música, unha arte fráxil maís tamén poderosísima. Unha arte, asemade, indócil á representación. Falamos de Tempo transfigurado, con Esther Val, Andrés C.M.Riveira e Anxos García Fonte.


Ali Babá, Morxiana e os corenta usureiros

Alfaias, rubís, esmeraldas, escrituras de vivendas, participacións bancarias

Cultura 08/06/2017
  Envía a túa opinión

“Entre eles tamén había cofres cheos de moedas de prata e dinares de ouro, e caixas rebordando alfaias, rubís, esmeraldas e perlas, escrituras de vivendas, participacións bancarias, rexistros de préstamos e empeños. Canto sangue, cantas bágoas derramadas para amorear aqueles tesouros! O leñador, que nunca vira un anel de ouro, ficou arrepiado da crueldade daqueles homes que roubaran sen coidarse da ruina á que conduciran a tanta xente”


Natalia Carou, Esther Val e Andrés C.M.Riveira

Natalia Carou: “Interésame moito a Edade Media”

Cultura 01/06/2017
  Envía a túa opinión

“Interésame moito a Edade Media, unha época interesante ainda que moi esquencida” afirma Natalia Carou,  a autora do libro “A cova da moura”. A historia desenvolvese de xeito paralelo en dous planos temporais, na época medieval e arredor de 1980. “Problemas como o da violencia de xénero, abusos sexuais e violacións habiaos no século XVI e persisten na actualidade” suliña Carou.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros