Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 16 de Xullo de 2018

Programas > Rumboia

Información do programa Novas do programa

RUMBOIA ULTREIA

RUMBOIA ULTREIA

Cultura 23/02/2018
  Envía a túa opinión

Escoitaremos parte do terceiro traballo discográfico de Ultreia, un colectivo cultural que nace en Compostela a principios do ano 1995 con interese na recuperación da música, instrumentos, traxes e danzas tradicionais galegas. Este traballo discográfico é un percorrido pola xeografía galega que nos achega as tradicións musicais de diferentes comarcas. Baixo a dirección de Pablo Carpintero e co nome de Ultreia este traballo discográfico, que formou parte do Proxecto Ronsel como Plan de Recuperación do Patrimonio Inmaterial de Galicia, ocupa esta Rumboia con dous temas recollidos ao gaiteiro de Batribán e ao grupo Os Queixas de Cerceda


RUMBOIA Os Carunchos

Integrar gaita e zanfona

Cultura 16/02/2018
  Envía a túa opinión

RUMBOIA : Os Carunchos – Montealegre 

Ao final de 1994 nacen na bisbarra de Vigo Os Carunchos, coa idea de misturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas, e co obxectivo de integrar na súa música outros instrumentos cada vez máis presentes na música galega, coma a zanfona, que xa dende o comezo acompañou a súa música. Non sería ate o ano 1998 que graven o seu primeiro disco, ¡Ala, que vai!.


RUMBOIA LEILÍA

I é verdade i é mentira

Cultura 10/02/2018
  Envía a túa opinión

O disco, Leilía, (Discmedi, 1994), foi a presentación deste grupo de cantareiras capaces de colocar a voz feminina no panórama emerxente da música galega nos anos 90.. Os seus seguintes traballos: I é verdade i é mentira, (Virgin, 1998) e Madama, (Discmedi, 2003), onde incorporan ademais letras de temática actual. No ano 2005, coincidindo co seu 15º aniversario, publican o recompilatorio Son de Leilía, (Leilear, 2005). Ás portas do 2012 sae á luz Consentimento, cos arranxos musicais feitos por Xoan Porto. 


RUMBOIA Durindaina

A pegada de Durindaina na música tradicional

Cultura 02/02/2018
  Envía a túa opinión

Hai grupos, como Durindaina, que deixaron fonda pegada na música tradicional con temas como os que escoitaremos na Rumboia. O Grupo tradicional compostelán, que gravou un único disco, Durindaina (Discmedi, 1995), xurdiu no ano 1984 e formaban parte del Luis Mouriño, gaita, clarinete e percusión; Xoan Porto, gaita, acordeón, percusión e voz; Rafael Moure, tamboril, cunchas e voz; Antonio Pérez, bombo, pandeireta e voz; Camilo Regueiro López, gaita, requinta e percusión.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros