Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Programas > Comer en Galicia

Información do programa Novas do programa

A Semana Verde de Galicia ten este ano entrada de balde

O albariño, en Silleda

Sociedade 15/06/2012
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A Denominación de Orixe Rías Baixas participa estes días en Salimat 2012, evento inscrito no marco da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, cunha caseta propia, no que estarán presentes dúas adegas da denominación cos seus diferentes viños. Até o domingo, o D.O. Rías Baixas protagoniza diferentes catas dentro do Salón de Catas da Xunta. A primeira tivo lugar onte e nela, as tres marcas de Rías Baixas gañadoras da Cata do Concurso da Festa do Albariño mostraron as súas grandes calidades maridadas con tres pratos, elaborados cos peixes de PescadeRías e a Faba de Lourenzá.


Lacón con grelos

A saúde e o lacón con grelos

Sociedade 27/02/2012
  Envía a túa opinión

A bióloga e especialista en nutrición Rosa López Encinas recomenda compensar as comidas típicas destas datas con peixes graxos, ricos en Omega 3. A xarda ou a sardiña en escabeche son produtos que eliminan o colesterol e as graxas saturadas.


A familia Gómez Crespo abreu o Mesón O Pote en Betanzos en 1971

A mellor tortilla, en Betanzos

Sociedade 13/11/2011
  Envía a túa opinión

Alberto García Ponte do Mesón O Pote de Betanzos (A Coruña) gañou o XIII Campionato de España de Tortilla de Patacas Trofeo Tescoma, que se celebra no marco do Congreso Lomejordelagastronomía.com en Alicante, patrocinado polo Padroado Provincial de Turismo Costa Branca. Era a terceira vez que o cociñeiro betanceiro se presentaba ao certame.


Mesa e mantel

A cociña galega reinvéntase no Congreso Lomejordelagastronomia.com

Sociedade 30/10/2011
  Envía a túa opinión

O chef galego Xosé Torres, quen segundo os expertos elabora unha cociña “evolutiva, comprometida e arriscada” no seu restaurante “Pepe Vieira” en Raxó (Pontevedra), será un dos 59 poñentes que representarán a Alta Cociña no XIII Congreso Lomejordelagastronomía.com, patrocinado polo Patronato de Turismo de la Costa Blanca, que se celebrará en Alacant do 12 ao 15 de novembro.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros