Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Programas > Rutas, eventos, escapadas

Información do programa Novas do programa

Pezas básicas do traxe galego feminino

Dia do Traxe Galego en Santiago de Compostela

Sociedade 19/07/2014
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A cidade de Santiago,  no marco da celebración das festas do Apóstolo,  vai acoller o vindeiro domingo a XXXV edición do Día do Enxalzamento do Traxe Galego, unha xornada na que, da man da Asociación do Traxe Galego, persoas de todas as idades percorren as rúas e prazas da cidade ataviadas coa vestimenta tradicional. O BNG fai un chamamento para apoiar a actividade e, nomeadamente, convida a cidadanía a que saia á rúa con algunha peza tradicional co obxectivo de manter viva esta expresión da cultura propia do noso país, que é tamén un dos elementos da súa  identidade.


Imaxe da mostra

A arquitectura galega hoxe

Sociedade 10/07/2014
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

A exposición ‘Metagénesix’ ofrece ao público unha mostra da arquitectura que actualmente se realiza en Galicia e que se poderá visitar na Fundación Pública Camilo José Cela durante os meses de xullo e agosto. estamos diante dunha selección de obras de 10 estudios de arquitectos galegos nados na década dos 70, que presentan unha concepción e aproximación á arquitectura capaz de dar resposta aos retos actuais da arquitectura global, a partir de trazos específicos locais propios do seu territorio e da súa cultura: tradición construtiva, recursos materiais e valores.


Obra de Manders

Curculio bassos/ Luz escura

Sociedade 03/07/2014
 10 comentario/s - Envía a túa opinión

O CGAC organiza a primeira mostra individual en España do artista holandés Mark Manders (Volkel, Países Baixos, 1968) co apoio económico de Mondriaan Fund. A  mostra, titulada Curculio bassos, reúne traballos realizados durante toda a traxectoria do artista e inclúe obras procedentes de museos como o Stedelijk Museum de Amsterdam, o S.M.A.K de Gante, A Kunsthaus de Zúric ou a colección Rabobank, ademais de outras procedentes de coleccións particulares. O artista revisitará e adaptará algúns dos seus traballos anteriores para exhibir no CGAC. A exposición, que ocupará a planta baixa do centro, poderá visitarse até o 12 de outubro de 2014. Por outra banda, en colaboración con Acción Cultural Española e co Kunstmuseum Bonn, logo da súa presentación no museo alemán, o CGAC exhibirá desde o 4 de xullo até o 28 de setembro de 2014, unha mostra do artista cántabro Juan Uslé (Santander, 1954) baixo o título Luz escura.  Un artista que no ano 2002, recibiu do Ministerio de Cultura español o Premio Nacional de Artes Plásticas como recoñecemento ao seu traballo. 


Juan Carlos e Sofía en Fene no ano 1973

Abdica o rei Juan Carlos I

Institucional 02/06/2014
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

O rei de España, Juan Carlos I, abdicou como xefe do Estado con 76 anos de idade. A decisión foille comunicada ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e ao líder da oposición, Alfredo Pérez Rubalcaba.  Rajoy anunciouno esta mañá, nunha comparecencia de prensa urxente, na que non admitíu preguntas. Juan Carlos I emitirá este mediodía unha mensaxe institucional a través de RTVE para detallar os motivos da súa decisión. O príncipe Felipe de Asturias sucederá ao seu pai como herdeiro da dinastía borbónica. Para iso precisarase a aprobación dunha lei orgánica nas Cortes do Estado que, segundo Rajoy, aprobarase "nun prazo moi breve". Mañá martes celebrarase un Consello de Ministros extraordinario para "por en marcha as disposicións constitucionais", engadíu Rajoy.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros