Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Vinte anos non é ren

“Luar” (TVG, 21:55 h.)

Cultura 14/09/2012
  Envía a túa opinión

Padezo de verborrea. Non é infeccioso, que se saiba, aínda que comparta sufixo con algunhas das doenzas máis desagradables que se estudan nas facultades de medicina. O caso é que falo de máis, un defecto como calquera outro agora que tan de moda se puxo iso da “economía da linguaxe”. Por aí abundan os métodos para aprendermos o inglés cun milleiro de palabras e non ha tardar o día en que alguén publique un micro-método de galego aproveitando a súa facultade para ser a lingua máis sintética do mundo. Abonda con “si”, “non”, “depende”, “e logo que?” e “daquela...” para manexarse sen problemas dende Ribadeo ata Tui. O resto é prescindible. Por iso logra a excelencia a TVG cando concibe un anuncio de televisión para presentar o retorno á grella do seu programa máis senlleiro. Son apenas dez segundos, montados cun gráfico e unha voz en off que proclama: “Volve o Luar”. Con tres palabras abonda para dicir canto temos que saber. Todo canto eu poida engadir é superfluo. Pero padezo verborrea.


Cruise, ti antes molabas

“Cine Cuatro: La guerra de los mundos” (Cuatro, 22:30 h.)

Cultura 13/09/2012
  Envía a túa opinión

“Para isto paguei eu o tapizado do sofá”, debe de pensar Oprah Winfrey recordando como un Tom Cruise absolutamente desequilibrado chimpaba con gozo de preescolar enriba do sofá da entrevista contándolle ao mundo que estaba profundamente namorado de Katie Holmes. Pero hai sofás que son como os colchóns: por moito viscolátex que leven, non poden aguantar o peso dunha parella durante toda a vida. Dende hai semanas coméntase que a actriz pediu o divorcio porque Maverick/ o cocteleiro poeta/ Ethan Hunt/ o último samurai está, digámolo así, mal da chaveta. 


O vómito (Pequín 2008): Best Olympic ceremony ever

“El Hormiguero 3.0: David Cal” (Antena 3, 21:45 h.)

Deportes 12/09/2012
  Envía a túa opinión

Eu coñecín a David Cal. Como se vos queda o corpo? Supoño que máis ou menos igual. Pero o problema é voso, non meu nin do padexeiro. O rubicundo mozo cangués gañou cinco medallas olímpicas. Postos a comparar, son as mesmas que un mito do atletismo como Michael Johnson; máis que as dúas da máxima figura do deporte profesional contemporáneo, Michael Jordan; e catro máis que as de Sergei Bubka. Así que ben fariamos en darlle ao Cal a súa cullerada de area e conferirlle a dimensión heroica dos que levan o loureiro nas tempas e o metal pendurado no peito e, xa de paso, encargarlle a Francisco Leiro unha reinvención galega do Discóbolo armado cun remo.


Vivindo nun conto de fadas

“Érase una vez” (Antena 3, 22:30 h.)

Cultura 11/09/2012
  Envía a túa opinión

Cando eses prebostes da lingua se reúnen para actualizar os dicionarios e engaden con quince ou vinte anos de atraso as expresións de uso común na rúa -como se Chiquito de la Calzada non merecera unha beatificación lingüística tan veloz como foi a relixiosa de Xoan Pablo II-, ben farían en revisar o sentido de algúns lugares comúns pouco afortunados. Sentemos hoxe no salón da Academia, na cadeira A maiúsculo de “Ai que carallo, Manuel!”, e reflexionemos arredor do dito “vivir nun conto de fadas”. Velaí unha expresión para referirse aos que aniñan os seus miolos entre nubes de algodón de azucre, residentes no barrio da fantasía, inquilinos da tómbola de luz e de cor de Marisol. Tamén é, para os namorados, o grao máximo da satisfacción, o Nirvana para un Buda que vista toga rosa de Hello Kitty. E todo isto, sen pinga de cinismo, senón ao abeiro da máis literal das lecturas, non é máis que unha morea de embustes. Porque vivir nun conto de fadas é unha desgraza: fuxir de lobos que ora nos queren comer, ora nos desafiúzan cun bufido do noso apartamento hipotecado; casar en matrimonios concertados para ter que aturar sogras que se dedican á maxia negra; plantar feixóns transxénicos que medran até o ceo; ou cantar gozosamente de camiño á mina para que logo a moza te discrimine por cuestión de tamaño e marche casar cun monárquico.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros