Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Francisco Rodríguez en Radiofusión

Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria

Cultura 16/03/2011
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

O catedrático ferrolán Francisco Rodriguez presenta esta tarde en Santiago de Compostela o seu libro “Rosalia de Castro, estranxeira na súa patria”. O título do volume recolle un verso da escritora para relatar o rexeitamento que a súa persoa e a súa obra encontraron en certos sectores sociais da época.


La Rosa

La Rosa, o primeiro gran proxecto de Magín Blanco

Cultura 13/03/2011
  Envía a túa opinión

Poucas eran as bandas que despuntaban alá polos anos 80 na cidade das Burgas pero La Rosa encargáronse de colocar Ourense no mapa do pop rock. O primeiro xermolo da formación nace en 1982, eran Alcatre con Magín Blanco á voz e á guitarra. En 1985 celébrase o Festival “Uf que noche” no que participan unhas 15 bandas ourensás entre elas Voyeur, o antecedente directo de La Rosa no que militaban Magín, o baixista Juan Bellet e o batería Joel Bayolo. A andaina musical dos tres como La Rosa comeza en 1987 coa participación no compilatorio do selo madrileño co que comparten nome, La Rosa se Abre, cos temas “Solo tú me llevas a la luz” e “La casa del jardín”.


Golpes Bajos

Golpes Bajos, o outro piar da Movida Viguesa

Cultura 06/03/2011
  Envía a túa opinión

No ano 80, en plena ebulición da movida madrileña, Galicia xerou a súa propia resposta a esta corrente musical. Coa cidade olívica como epicentro, nacía a Movida Viguesa da man de Semen up, Aerolíneas Federales, Os Resentidos e, principalmente, Siniestro Total e Golpes Bajos. A formación destes últimos comezou como mero entretemento de Germán Coppini, que en 1982 se une a Teo Cardalda, que compón a música para as letras de Coppini. Un ano despois, en 1983, o dúo preséntase á primeira edición do concurso de maquetas da revista Rock Espezial, agora Rockdelux, no que acadaron o primeiro posto. Tralo éxito, a banda convértese en cuarteto coas fichaxes de Pablo Novoa e Luís García e editan da man de Nuevos Medios o seu primeiro traballo o mini EP Golpes Bajos que se abría con “No mires a los ojos de la gente”.


As memorias de Julian Assange estarán en galego nesta primavera

Antón Lado, 2.0 Editora: “A crise aumentou a produción e a lectura de ensaios”

Cultura 05/03/2011
 6 comentario/s - Envía a túa opinión

A crise puxo de moda os ensaios. “O contexto actual provoca unha maior produción deste tipo de obras e, asemade, aumenta o interese dos cidadáns por saber que pasa”, explica Antón Lado, un dos impulsores de 2.0 Editora. Esta empresa, que está a piques de cumprir un ano de vida, súmase a esa tendencia e, apostando polos autores galegos, pon en marcha unha nova liña de produción propia de ensaios. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros