Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Xornalismo e peitos, a fórmula do éxito

“Buenafuente: 35 años de Interviú” (La Sexta, 00 h.)

Sociedade 30/05/2011
  Envía a túa opinión

Que estar ao tanto da actualidade local e internacional, preocupado polos grandes asuntos de interese do mundo, non é incompatible cun apetito sexual a flor de pel demostrouno o director do Fondo Monetario Internacional, Dominique Strauss-Khan, a quen a presión de controlar as finanzas planetarias non lle minguou nin un punto dunha libido depravada, até o punto de pretender violar a unha traballadora. O mito do amante romántico francés está a piques de ser esmagado polo do sátiro delincuente se outros galos relevantes, como vén de acontecer co secretario de Estado de Función Pública, George Tron, continúan supostamente a agredir mulleres. A sexualidade pode ser polimorfa, perversa e tamén pluriempregada, queren berrar estes executivos devidos en asaltantes. E non obstante hai unha idea perpetuada de que o cerebro do home compaxina perfectamente a cotización do IBEX 35 coa lencería, as revoltas árabes cos strip-tease, e o xornalismo de investigación cun busto ao descuberto. 


O traballo é cousa de tolos

“Cine: LT 22 Radio La Colifata” (La 2, 22 h.)

Sociedade 27/05/2011
  Envía a túa opinión

Ás empresas difíciles se lles conceden cualificativos de todo tipo. Hainos racistas: “É un traballo de negros/chinos”; ilustrados: “É un traballo de titáns” ou “unha das tarefas de Hércules”; e logo está o máis comunmente empregado e que sintetiza moi ben a absurda deriva das sociedades humanas que, en troques de aproveitar o progreso para facilitar o seu repouso, o benestar e o goce do tempo de lecer entregándolle o esforzo e as horas de faena ás máquinas, elevaron  o traballo a un ben supremo que nos debe redimir por algún tipo de moral pía e calvinista. Nestes casos afírmase, con razón, que “é un traballo de tolos”, como se houbese algún que non o fora. O amor polo traballo demostra que un non está nos seus cabais. O que resulta curioso é reflexionar se os propios tolos, aqueles que teñen os miolos ensimesmados e viven a súa realidade particular, non foron os únicos capaces de librarse desa condena en vida de gañar o pan co suor da fronte. E aínda así hai quen convence a algúns para que se poñan mans á obra.


Carbonero, coches e fútbol: fórmula máxica

“Pasapalabra: especial fútbol” (Telecinco, 20 h.)

Sociedade 26/05/2011
  Envía a túa opinión

Co A: dianteiro delgado como un fiúncho e abandeirado da pertinaz seca goleadora do Deportivo no último lustro: Arizmendi; co B: Mino, defensa do Español, precisou unha tripla operación de cadeira tras padecer os seus regates: Bebeto; co C: plusmarquista no lanzamento de bota a árbitro: Claudio Barragán; co D: irreverente, tolo, meigo: Djalminha; co E: catedral fronte á praia de Riazor: Estadio; co F: patrón de todas as santas pernas esquerdas: Francisco González Pérez, Fran... Vaites, para unha vez que me vexo capaz de levar o bote dun concurso televisivo, esquéceseme cubrir a instancia. Pasapalabra pon a proba a materia número un de estudo entre os homes de 10 a 40 anos e celebra unha edición especial do seu rosco de letras que ten por propósito atopar á persoa con máis coñecementos balompédicos de España dentro do marco dun certame coñecido como Ford Focus Challenge desenvolvido a través de internet.


Duque secuestrado

“Miniserie: Alakrana” (Telecinco, 22 h.)

Sociedade 25/05/2011
  Envía a túa opinión

A Telecinco deulle polos piratas. Enténdese a estrea da serie protagonizada por Pilar Rubio e o Johnny Deep ibérico que imposta Óscar Jaenada, para aproveitar a onda de afección polos bucaneiros que se deriva da entrega da cuarta entrega nos cines de “Piratas del Caribe”. Tanto os corsarios caribeños como os atlánticos desas dúas producións responden á imaxe romántica de Curro Jiménez se tivera tomado clases de vela e regatas en troques de equitación e trabuco. Porén, por máis que se lles chame piratas, costa entender por que se mete agora no lote a estrea de “Alakrana”, a miniserie que relata o secuestro do buque atuneiro vasco no Océano Índico en outono de 2009. Aos somalís que abordaron o barco coñecésenlles as zodiacs motorizadas e os rifles de asalto AK-47, pero non os bergantíns e o sables.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros