Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Lino Braxe e Antela Cid en “Mundo Lois”

Vigo acolle a estrea do espectáculo multimedia “Mundo Lois”

Cultura 04/03/2011
  Envía a túa opinión

Mundo Lois xorde da idea de Antón Reixa, amigo do autor Lois Pereiro, a quen este ano 2011 se lle dedica o Día das Letras Galegas, de elaborar un espectáculo escénico cun importante peso audiovisual que universalice, non só a través da palabra senón tamén da imaxe, a obra poética do autor monfortino. “Unha montaxe que a través de grandes pantallas de vídeo nos evoca dun xeito onírico, con referencias moi claras da súa poesía, o mundo de Lois Pereiro; mentres Alexandre González fai música en directo con piano e guitarra, que acompaña todo o espectáculo creando atmosfera. A isto hai que engadir o xogo de luces que realizou Paco de Pin e unha coreografía moi sinxela con algúns elementos no escenario e dous actores Antela Cid e eu”, afirma Lino Braxe, intérprete e director da proposta. O obxectivo de Mundo Lois é achegar a poética de Pereiro, e mesmo algúns textos que non se encadran neste xénero, ao amplo público.


A novela de Domingo Villar supera os 26.000 exemplares vendidos

Quinta edición para A praia dos afogados

Cultura 02/03/2011
  Envía a túa opinión

Estes días está a chegar ás librerías de todo o país a quinta edición de "A praia dos afogados", a segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, creado polo escritor Domingo Villar.


Carlos Callón demostra a inexistencia da homofobia no primeiro milenio do cristianismo

Cultura 02/03/2011
  Envía a túa opinión

O filólogo e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, vén de facerse con XVI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais polo seu ensaio Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media. Nesta obra Callón analiza como se constitúe o prexuízo anti-homosexual, como se crea a idea de sodomía e como se converte nun pecado central para o cristianismo, a pesar de que está ausente nos primeiros mil anos de historia desta relixión. Igualmente, o escritor observa que, xunto co xurdimento da homofobia, aínda se mantén na Idade Media un clima de permisividade nas relacións afectivas entre homes. Callón asegura que “pode sorprender, mais as fontes son clarísimas: partillar leito, bicarse en público ou manifestarse amor son comportamentos que fan parte do día a día dos varóns, que irán desaparecendo cando estas relacións se vexan desde o signo da homofobia. O amigo e o sodomita conviven nun mesmo terreo de estremas neboentas”.


Los Contentos, aires escuros e ruidosos para música galega

Cultura 27/02/2011
  Envía a túa opinión

Viaxamos ata o ano 87, cando en Lugo catro músicos que xa pasaran por varias formacións deciden unirse e bautizarse como Los Contentos. Toman o seu nome do filme Easy Rider, xa que La Contenta era a taberna mexicana na que Peter Fonda e Dennis Hopper negociaban cun mafioso. Estes catro amantes das road movies e o son garaxe eran Piti Sanz, que se encargaba da voz, as guitarras, a harmónica e o órgano; Fran, que tamén poñía a voz e tocaba as guitarras; Bambi encargábase da batería e percusións; e Fito que colgábase o baixo. En menos dun ano xuntos, Los Contentos conseguen o segundo premio do concurso Racha Coas Ondas organizado por Radio Nacional e TVE-Galicia. Así en 1988 gravan a súa primeira referencia, un mini-LP homónimo que sae á rúa da man de Sons Galiza. Nel inclúen seis temas entre os que atopamos “Tanatonato”, unha versión do “I´m not like everybody else” dos Kinks ou “La Casa vacía”, outra mostra do seus aires truculentos e escuros.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros