Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Humor a perpetuidade

“Pratos Combinados: O fútbol éche así” (TVG, 22:30 h.)

Sociedade 24/05/2011
  Envía a túa opinión

A solidariedade entre os traballadores, que permitiu agromar as grandes revolucións de clase e establecer o sindicalismo como unha forza necesaria, partía do principio de desexar para o próximo tanta riqueza como para un mesmo. Pasadas as décadas, o concepto de asalariado foi dando lugar a unhas castes moi diferenciadas, nas que os camaradas e compañeiros sometidos ao patrón o mesmo che son precarios que soñan con gañar mil euros, que cargos intermedios de grandes empresas con salarios de catro ceros ou futbolistas capaces de ingresar un millón nos tempos do euro, cando esa cifra resulta verdadeiramente abraiante. Estas diferenzas contribúen a abrir fendas entre a camaradería obreira, até o punto de que se miran con sospeitas as políticas de incentivos. Un mileurista afeccionado ao fútbol apenas pode tolerar que extremo esquerdo do seu equipo precise outro aliciente para correr a banda que o escudo que leva no peito, pois se lle presupón que súa a camiseta sempre para gañar, non por figurar.


Manipuladores

“Cine: Negociador” (Cuatro, 22:30 h.)

Sociedade 23/05/2011
  Envía a túa opinión

Á vista de como marcha a economía do Estado, poderíamos dicir que hai un déficit de negocios, feito curioso á vista do exceso de negociadores. O talento para emprender de cara ao beneficio persoal é abundante, mais, será pola tradición literaria da picaresca á que tanto se respecta, que falta unha certa educación para dirixir ese talento cara a produción de riqueza e traballo para unha colectividade. A negociación baséase en certo talento rudimentario para a manipulación psicolóxica e unha faciana dura como o granito rosa do Porriño. É así como viven comodamente os que conseguen cargar o traballo noutros compañeiros, facer que sexa a parella a que se encargue das tarefas domésticas máis arduas ou mesmo que o cadelo lles leve as zapatillas nos dentes até o sofá. A ese talento, a medio camiño entre o dun charlatán e un hipnotizador, se lle creou unha profesión ex profeso que alumeou un subxénero propio dentro dos filmes de policías.


Adela Úcar, disposta a partirse a cara pola televisión

“21 días: Boxeo” (Cuatro, 23:45 h.)

Sociedade 20/05/2011
  Envía a túa opinión

A violencia na televisión non está dende logo nas trompadas que Steven Seagal estampa na cachola dos inimigos cunha comicidade herdeira da de Bud Spencer. A verdadeira agresividade atopa un refuxio en lugares menos obvios. Por exemplo, no horario infantil, cando Belén Estaban nos informa de que ela pola súa filla ma-ta, ma-ta. Ou tamén esta noite cando descubramos que Adela Úcar, polo seu programa deixa que lle partan a ca-ra, ca-ra. A presentadora parece disposta a superar as proezas da súa predecesora Samanta Villar, que presumía de implicarse ate o límite cada vez que se transplantaba a unha vida allea e logo o día que tocou reportaxe sobre o mundo do porno non ensinou nin unha triste mamila. A Úcar, miñaxoia, convencérona para subir a un ring de boxeo e deixarse maquillar para a pantalla a base de puñadas ao fígado e crochets á queixada.


De xira por provincias

“Buenafuente en Bouzamaior” (La Sexta, 00 h.)

Sociedade 19/05/2011
  Envía a túa opinión

Que vivimos na periferia non é algo que estableza o mapa que nos sitúa no último recanto de occidente. Nin sequera que nos chamen Finisterre, ten por que dicir ren sobre o particular. Estase máis fóra que dentro en relación a un eixo establecido por algún tipo de convención. No que se refire á organización administrativa, nun estado centralista cunha capital de goberno afastada a centros de quilómetros, sen dúbida permanecemos nun recóndito confín. No que atinxe aos esquemas mentais, semella que tamén. A distribución política dos territorios provoca o fenómeno de converter o espazo central nun embigo do que non se pode afastar a vista. Isto resulta especialmente evidente na televisión.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros