O Sábado, 5 de Setembro de 2009 celebrouse en Pontedeume o II Torneo Vila de Pontedeume de Kick Boxing. Realizáronse 8 combates ao ko, onde destacaron os combates do púxil eumés Pablo Infante (-60kg) e o Campión de España Yago Barros (Bapu - Coruña) que revalidou o título. Aproveitando o evento e como preparación para o campionato do mundo de Kick Boxing, Cipriano Gómes (campión do mundo de Kick Boxing e Presidente da Federación Galega) pasou uns días na vila de Pontedeume, adestrando ás ordes do seleccionador galego Chuchi.
Dende Pontedeume a Arteixo. O equipo de fútbol representativo da vila eumesa viaxa á localidade da comarca coruñesa que serviu de berce a Inditex. Queren dar a sorpresa e convertirse no equipo revelación da categoría.
O Barallobre recibe este domingo no campo do Ramo ao sempre dificil Cedeira. O Maniños xogará contra o San Pablo no campo da Gándara en Ferrol, e o Perlío visita ao Neda no seu terreo de cesped artificial. E a terceira xornada da Segunda Autonómica de fútbol.
Fonso rompeu a clavícula xogando ao fútbol e, como consecuencia, pasou polo quirófano onde lle instalaron unha placa con tornillos. O futbolista tivo problemas co sistema e cos tornillos que servian para dar seguridade á placa. Despois de pasar por varias consultas médicas con diagnósticos distintos e con planificacións tamén diversas, Fonso decidiu poñerse nas máns dun especialista compostelán que lle dirá, definitivamente, si pasará polo quirófano ou non.