Unha auténtica traxedia. Hai un mes Alex negociaba co xerente do Racing a súa volta á entidade ferrolán. Pedia duas temporadas pero o Racing non quería asegurar máis dunha e outra con obxectivos. Finalmente Alex inclinouse pola oferta do Celta B que tamén apostou duro por facerse cos seus servizos. Por primeira vez con 21 anos emigrou da casa camiño da cidade de Vigo. Atópase contento no club celeste e afirma en Radiofusión que lle dán toda a confianza do mundo. Engade que foi difícil abandonar Ferrolterra pero agora pensa que foi a decisión correcta. Onte xogou na Malata co seu equipo e marcou dous tantos ao Racing. Foi o vérdugo do conxunto de Juan e José Veiga.
O Galicia de Mugardor B segue na primeira posición da clasificación xeral na Segunda Autonómica de Ferrolterra despois de duas xornadas disputadas. O Mugardos B volveu a gañar onte ante o Valdoviño por 0 a 3, o mesmo resultado que sete días antes na Pedreira ante o San Sadurniño. O novo Mugardos B que dirixe Agustín Fernández leva 6 puntos e seis goles a favor por ningún en contra. O Numancia de Ares ocupa a segunda posición tamén con duas vítorias consecutivas. O Numancia gañou onte ao Narahio por 3 a 0 con goles de Manu, Javi e Vicente. O Perlío colócase no terceiro posto despois de vencer onte ao San Pablo por 0 a 2.
Ao Mugardos cústalle coller o ritmo á categoría. Recén ascendido á Preferente Norte, o conxunto da Pedreira leva tres derrotas consecutivas pero o seu xogo alberga esperanzas. Será cuestión de tempo. Mentres tanto no club mugardés esperan que os 0 puntos e ser penúltimos da táboa non incidan notablemente na cuestión anímica do grupo.
Onte inaugurouse o novo vial que leva o nome do directivo Pedro García Vilar. O alcalde Julio Iglesias, membros da Corporación Municipal, familiares de Pedro e directiva, entrenadores, xogadores e amigos do finado asistiron ao descubrimento da praza co nome da rúa.