Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 19 de Xuño de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Los Contentos, aires escuros e ruidosos para música galega

Cultura 27/02/2011
  Envía a túa opinión

Viaxamos ata o ano 87, cando en Lugo catro músicos que xa pasaran por varias formacións deciden unirse e bautizarse como Los Contentos. Toman o seu nome do filme Easy Rider, xa que La Contenta era a taberna mexicana na que Peter Fonda e Dennis Hopper negociaban cun mafioso. Estes catro amantes das road movies e o son garaxe eran Piti Sanz, que se encargaba da voz, as guitarras, a harmónica e o órgano; Fran, que tamén poñía a voz e tocaba as guitarras; Bambi encargábase da batería e percusións; e Fito que colgábase o baixo. En menos dun ano xuntos, Los Contentos conseguen o segundo premio do concurso Racha Coas Ondas organizado por Radio Nacional e TVE-Galicia. Así en 1988 gravan a súa primeira referencia, un mini-LP homónimo que sae á rúa da man de Sons Galiza. Nel inclúen seis temas entre os que atopamos “Tanatonato”, unha versión do “I´m not like everybody else” dos Kinks ou “La Casa vacía”, outra mostra do seus aires truculentos e escuros.


Galiza Sempre reúne nunha obra panfletos e manifestos do feminismo galego

Cultura 22/02/2011
  Envía a túa opinión

Baixo o título 22 documentos do feminismo galego, a Fundación Galiza Sempre vén de publicar un libro que recolle panfletos e manifestos do movemento feminista galego entre 1975 e 2003. Desde a Asociación Galega da Muller ata a Marcha Mundial das Mulleres o libro deixa constancia das principais campañas impulsadas en Galicia polo movemento social a prol dos dereitos das mulleres, cunha énfase especial nos anos de construción da doutrina nas décadas 70 e 80. As loitas polo dereito ao divorcio ou o aborto; contra o delito de adulterio; as demandas de emprego digno e do reparto igualitario das tarefas domésticas; a denuncia da violencia machista; a reivindicación dunha sexualidade libre ou da plena participación das mulleres son algúns dos temas abordados. A escolma dos documentos e os textos introdutorios de cada apartado foron realizados pola historiadora Isabel Rodríguez Mate a partir das fontes documentais da Fundación 10 de Marzo e, en especial, de Nanina Santos Castroviejo.


Portada de “Metro”

Metro, o elo perdido do pop galego dos 80

Cultura 20/02/2011
 6 comentario/s - Envía a túa opinión

Adiantados aos seus tempos, Metro naceron e tamén morreron antes da eclosión da movida dos 80, na que puideron ser banda referente. É o ano 1982 e catro fanáticos dos Beatles, veciños de Carballo, decidiron botarse ao lombo baixos e guitarras para reflectir a nova realidade do país. Eran Moí Frías, Xosé Manuel Tasende, Pedro Sosa e José Antonio Levices, dos que din, son o elo perdido do pop galego e español da década dos 80. Sen estudios caseiros, coa revolución dixital lonxe e cun sistema musical precario, Metro foron quen de gravar no ano da súa formación o seu primeiro e único álbum homónimo. Foi o premio por gañar o único “Concurso Rock cidade da Coruña”, no que tamén participaron Meteoro, Bar, Siniestro Total e como banda convidade Alaska y los Pegamoides.


Ialma celebra dez anos de traxectoria cun cuarto disco

Sociedade 17/02/2011
  Envía a túa opinión

Belgas e galegas, así lles gusta considerarse ás cinco integrantes de Ialma. Cinco cantareiras que naceron na capital europea: Magali, Marisol, Natalia, Nuria e Verónica; pero que seguen a manter unha conexión vital con Galicia, a terra na que se criaron seus pais e a súa principal fonte de inspiración artística. Ialma celebra 10 anos de traxectoria e faino con novo álbum, o cuarto da súa discografía, que leva por título Simbiose. Saíu á venda esta semana, editado por Do Fol e conmemora a década de andaina da banda a través de 10 artistas galegos de 10 disciplinas diferentes que, dalgún xeito, teñen parte na historia do grupo: Enrique Otero, Casa de Xantar O 16, Marco Méndez, David Aranda, El Puto Coke, Obradoiro Seivane, Carlos Blanco, Xavier Queipo, Adega Terras Gauda e Serxio Cobos. No amplo libreto do álbum podemos atopar fotos e textos explicativos protagonizados por todos eles.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros