Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 27 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Entre a paixón bibliófila e a humana

“Cine: Ágora” (Telecinco, 22 h.)

Cultura 18/05/2011
  Envía a túa opinión

Conta o romance que no día no que naceu o mouro Abenámar había grandes sinais no ceo estrelecido, estaba a mar en calma e a lúa crecida. Movendo tan só unhas letras en tan egrexio nome, podemos convir que no día no que veu a luz Amenábar, Alejandro, os augurios tamén estaban ao seu favor e as estrelas que haberían alumear o seu camiño serían estas feitas de carne mortal e que emerxen dun sol chamado Hollywood. Á maneira de Spielberg, o director de orixe chilena, e traído a España polos seus pais cando era un meniño para fuxir de Pinochet, é dos poucos que son a un tempo autores e coñecedores da trécola do éxito comercial. Afeitos como estamos a relacionar a autoría cinematográfica con sisudas reflexións arredor de moitos diálogos e máis silencios, cámaras fixas e planos curtos, e dramas sociais e de parella, o autor de “Tesis” é igualmente capaz de esconxurar os seus demos e manías persoais conferíndolles un celofán suficientemente atractivo para a industria e o espectador que só consume blockbusters. A súa última gran pirueta nese fío de equilibrista que transita foi “Ágora”. 


Non hai máis cera que a que arde

“Cine: La Casa de Cera” (TVE, 23:50 h.)

Sociedade 13/05/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Pensen nos maiores recoñecementos que pode recibir en vida unha persoa. O Premio Nobel pasa por ser o máis prezado para recoñecer unha traxectoria literaria ou investigadora; as medallas olímpicas outorgan gloria á exuberancia atlética; os Oscar perpetúan a imaxe do actor no imaxinario colectivo, etc. Despois hai outros premios menores, como a Medalla de Ouro ao Traballo que glorifica a contradición de que o progreso da humanidade non evitase que sigamos dobrando o lombo canto máis mellor, ou os premios Príncipe de Asturias, que dun tempo a esta parte semella que os sortean nunha feira e cho dan con tal de acreditar que tes un día libre na axenda para pasar a recollelos. Pero por enriba de todos eles, se matinan arredor da cuestión, existe unha distinción superior e que só reciben aqueles aos que se lles pode considerar ídolos verdadeiros. O grotesco é que sexa ter unha réplica da propia figura feita na mesma materia que sacamos dos oídos ou que arde nas igrexas.


A perturbación das pequenas cousas

“Buenafuente: Miguel Noguera” (La Sexta, 00 h.)

Sociedade 12/05/2011
  Envía a túa opinión

A tolerancia é moi importante na vida, para conducírmonos en sociedade e tamén para sobrevivir. Resulta unha traxedia para a saúde ser intolerante á lactosa e, do mesmo xeito, para manter os miolos e a sensatez onde deben estar, cómpre sermos tolerantes co absurdo. De cote, a liña que separa o absurdo da pura traballada é moi fina, tanto como a que forman as nosas cellas. Dependendo da altura na que as situamos en relación aos nosos ollos manifestaremos o pasmo total ou a decepción máis absoluta. O problema vén cando non sabemos en que punto colocalas e, como acto reflexo, acabamos relaxando os músculos da boca, deixándoa aberta como un papón. O humor xoga sempre cos límites entre a sorpresa e a incomprensión. Os chistes funcionan de xeito inequívoco porque adoitan responder a uns códigos que coñecemos ben. Tamén hai un tipo de humor absurdo, o de Faemino e Cansado ou os Chanantes, cos que uns conectan e outros non. E despois hai universos persoais como os de Miguel Noguera que, ao asomarnos a eles déixannos coa pregunta de se se lle foi a chaveta, sentounos mal algo a nós ou é que todos estamos tolos.


Not common people

“Alaska y Mario” (MTV, 21:30 h.)

Sociedade 11/05/2011
  Envía a túa opinión

A vida en parella forma parte das máis curiosas construcións do ser humano, que creou con ela un sistema para o confort e ao mesmo tempo un problema sobre o que se lamenta acotío. Tras os misterios da morte e a orixe do universo, o matrimonio é un dos temas favoritos de investigación científica e paranormal, e sobre as súas circunstancias, obrigas e deberes téñense achegado as máis diferentes perspectivas. Por difícil que resulte concibilo, “Secretos de un matrimonio”, de Ingmar Bergman, e “Escenas de Matrimonio”, de Pepa e Avelino, tratan a mesma materia, se ben con diferente gravidade. Agora, ofrécesenos unha ollada máis, e de seguro incomparable. Custa imaxinar rifas polas tarefas domésticas, domingos de sillonbol en pantuflas, visitas ao Ikea e ao Corte Inglés para facer a compra e probar a resistencia dos lazos sentimentais, e todas cantas outras tradicións son comúns ás parellas do mundo occidental, no día a día de Alaska e Mario Vaquerizo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros