Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Rosa Cedrón e Cristina Pato levan aos teatros galegos un íntimo “Muller”

Cultura 09/02/2011
  Envía a túa opinión

O Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia de Vigo (Teatro García Barbón) e o Teatro Colón da Coruña acollerán mañá xoves e o venres, respectivamente, o directo de Soas, é dicir, Rosa Cedrón á voz e ao violonchelo e Cristina Pato ao piano. “A idea é preservar a esencia do proxecto orixinal”, asegurou en Radiofusión Cristina. Por iso, será un concerto íntimo, no que estarán as dúas en solitario viaxando pola linguaxe particular que podemos escoitar no seu primeiro álbum Muller. Ambas aseguran que serán directos moi especiais, xa que traballan moito coa improvisación e, en palabras de Rosa, “haberá sorpresas porque nos gusta moito dar agasallos ao público”. As actuacións darán comezo ás oito e media da tarde e xa se poden mercar as entradas na billeteira electrónica de Caixa Galicia e en servinova.


Roi Casal saca á venda “Maxicamente vello”, o álbum da súa consagración

Cultura 08/02/2011
  Envía a túa opinión

A revisión musical dun poema de Manuel María, “Maxicamente vello”, serviulle a Roi Casal, ex-arpista de Milladoiro, para dar título ao seu segundo álbum. O tema serve ademais de ponte entre a súa ópera prima, Lendas douradas, e este novo disco, no que a excepción dun par de coplas populares e a adaptación do texto do poeta chairego, todos son temas compostos, arranxados e producidos polo propio Casal. “Lendas douradas contiña bastantes temas que se podían identificar con Milladoiro. En Maxicamente vello hai un maior predomino do meu xeito de ver e interpretar a música. Afrontei o disco con garantías e independencia. É un álbum sen complexos, moderno no que fixen o que me deu a gana e estou moi contento co resultado”, asegurou en Radiofusión o propio Casal. O traballo sae hoxe á venda e en dez días, o 18 de febreiro, comezará a presentarse nunha xira que Roi e a súa banda iniciarán na Sala Capitol de Compostela. Ao día seguinte, o 19, será a quenda do Teatro Rosalía de Castro da Coruña.


Yashmina Shawki traza unha historia de esperanza en “Fundación Libélula”

Cultura 06/02/2011
  Envía a túa opinión

“Unha novela de esperanza, que anima a loitar polo que un quere”. Deste xeito describe Yashmina Shawki, viguesa de orixe iraquí, a súa obra Fundación Libélula, que chega esta semana ás librarías da man da Edicións Xerais. Unha mensaxe que mesmo se pode adiviñar polos títulos de algúns capítulos como Ás veces as cousas empeoran antes de mellorar ou A pesar das adversidades hai que seguir loitando.


Dar Ful Ful: electropop intimista, elegante e sinxelo

Cultura 06/02/2011
  Envía a túa opinión

Situámonos no ano 98, en Compostela onde o activo Marco Maril crea Dar Ful Ful. Un proxecto de pretecnoloxía musical que dá como froito en 1999 a., o seu primeiro Ep editado por Splat, o seu propio selo, co que tamén gravarían Don Nadie; Hemisferio Izquierdo, o proxecto paralelo de Marco; Traje de Saliva e Cielito Lindo. a. recolle cinco temas nos que Marco condensa experimentación, minimalismo e ambientación cinematográfica. Entre eles o onírico “M&M” e “Películas en el pelo”. Este primeiro traballo foi tan só un aperitivo do que chegaría máis tarde. O camiño en solitario de Marco Maril cruzaríase ese mesmo ano co do catalán Xavier Font e Dar Ful Ful convertese en dúo. A formación comeza a traballar o seu son para dar forma ao que sería o selo de identidade: pop intimista, elegante e sinxelo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros