Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

A pantalla como espello deformante

“Palomitas” (Telecinco, 22 h.)

Sociedade 10/05/2011
  Envía a túa opinión

Por máis que proteste o Ministerio de Cultura, ás descargas ilegais de películas debémoslles o evitar que a especie humana sexa vítima dunha mutación desagradable, na que desenvolveríamos uns papos xigantescos como os dos hámsters para ir acumulando os flocos que con automatismos propios dun adicto comemos sen parada na sala do cine, mecanicamente até que un gran de sal se nos cola debaixo dunha unlla, proe, e entón decatámonos de que hai tempo que levamos rascando no fondo do cartón e levando á boca aire. Se continuásemos a ver as longametraxes nas salas, a escuras, evolucionaríamos nunha especie de ruminante, coa lingua inflamada e rasposa de tanto roer no millo quente. De todo iso nos protexe o pirateo dos filmes, que podemos ver no sofá de casa sen ese ruído constante e en segundo plano que acompaña a todas as proxeccións nos cinemas e que tardamos en darnos conta que non procedía das máquinas que pasaban o celuloide, senón das fauces dunha especie que acumula sen parar restos de flocos entre os dentes.


“Por Nina e Noemí Galera, kiaaaa!”

“Piratas” (Telecinco, 22 h.)

Sociedade 09/05/2011
  Envía a túa opinión

Hoxe descubriremos que cando Josito, o cuñado do Alcalde, volveu a Santo Antonio de Louredo delgado como se estivese a piques de escorregar polo corbatín, foi porque estivo a facer o pirata. Co “Padre Casares” en barbeito, parte da tropa que anima o costumismo relixioso dos luns da TVG e que tamén navegaba as “Mareas Vivas”, enrólase na tripulación dun veleiro que parte cunha difícil misión: convencernos de que Pilar Rubio pode ser actriz. De feito, logo dos paus que lle caeron pola súa condución en exceso emocionada, sufrindo como Geno, na última e derradeira edición de “Operación Triunfo”, agora mesmo existe un debate verbo de se a máis exuberante figura da televisión é sequera presentadora.


Transplante familiar

“Me cambio de familia” (Cuatro, 21:30 h.)

Sociedade 06/05/2011
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

“Me cambio de familia” é un programa que en certa maneira recorda a aqueles filmes adolescentes dos anos 80 no que dúas persoas levaban un golpe na cabeza e, maxicamente, ou ben por un traspaso de masa encefálica invisible, acaban intercambiando as personalidades, o que lles permitía vivir por un tempo, até que atopaban o remedio, un no corpo do outro. As películas non eran inocentes e levaban unha certa carga moral, sobre todo no caso nas que eran pais e fillos os que, de súpeto, se vían retrotraidos á etapa púbere ou proxectados á madurez adulta. Con ese mesmo espírito, co do intercambio inaudito e a lección de vida naceu “Me cambio de familia”, que transplanta mulleres dun ámbito social a outro, de cote provocando grandes crises porque, como é sabido, nai non hai máis que unha. E neste programa semella que a moitos os atoparon na rúa.


O horror, o horror...

“Supervivientes” (Telecinco, 22 h.)

Sociedade 05/05/2011
  Envía a túa opinión

Puntuais, todos os xoves, estaremos de agora en diante perante a pantalla, agardando á noite na que Aída Nízar, agochada nun recanto escuro da xungla hondureña, co cranio rapado e afeita como está aos discursos grandilocuentes e a falar con ela mesma en voz alta, comece a musitar as palabras de Kurtz en “Apocalypsis Now”: “O horror, o horror”. Algo así como camiñar cara o corazón das tebras debe ser pasar tres meses de fame e penurias nun medio ignoto compartido o tempo e a supervivencia con personaxes como Sonia Monroy, Toni Genil ou Kiko Rivera, alias “Paquirrín”, calquera deles entre as tres cousas que menos desexaría levar a unha illa deserta. Os misterios de “Perdidos” e as coincidencias místicas, empequenecen perante a perspectiva desta nova edición de “Superivientes” á que Telecinco decidiu coroar sometendo a misión ao comando de Jorge Javier Vázquez como presentador. Compartindo as súas funcións para narrar os feitos dende o país americano, Raquel Sánchez Silva, antano a imaxe cool, urbana e sofisticada de Cuatro e agora mesmo preguntándose que fai ela en bikini entre Jacobo Ostos e Rosa Benito. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros