Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Ignacio Silva amosa en Xerais a “Cara B” dos seus personaxes

Cultura 03/02/2011
  Envía a túa opinión

A editorial Xerais vén de publicar na súa colección de narrativa Cara B, unha obra que reúne as tres últimas novelas curtas de Ignacio Silva (Carballo, 1978), premiadas todas elas nos máis importantes certames do xénero convocados en Galicia nos dous últimos anos. Falamos de Cela Aberta (Premio Certame Literario Valle Inclán da Pobra do Caramiñal, 2008), Vertixes (Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Riveira, 2009) e Escintileos (II Premio de Micronovela Concello de Soutomaior, 2009). Tres relatos unidos pola dobre faciana que amosan os seus protagonistas, uns personaxes cuxa vida cambia de rumbo ao verse enfrontados a circunstancias que non previran e que implicarán a aparición de comportamentos agochados no seu propio interior.


A profesora investigadora da London Metropolitan University

A representación política ideal de Mónica Threlfall

Cultura 02/02/2011
  Envía a túa opinión

A profesora investigadora da London Metropolitan University Mónica Threlfall fala mañá xoves, 3 de febreiro, ás 17 horas no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela sobre “A representación política ideal d@s cidad@ns en España, Reino Unido, Polonia e Macedonia”.


Franc3s estrea ao vivo na Coruña o seu álbum debut

Cultura 01/02/2011
  Envía a túa opinión

Despois de dúas maquetas (Franc3s, 2008; e La exhibición de atrocidades, 2009), o trío carballés Franc3s publicaba onte en edición física o seu primeiro álbum homónimo (Los Enanos Gigantes, 2011), que desde hai uns días xa se pode descargar de balde na web franc3s1.bandcamp.com. O disco inclúe 13 temas, seis das súas dúas anteriores maquetas e sete inéditos, no que o noise segue a ser o gran protagonista, aínda que as voces soan con absoluta nitidez, algo que non acontecía antes. A Le Club da Coruña será a primeira sala galega en acoller un directo de presentación do CD. Os que se pasen polo concerto poderán facerse ademais cun agasallo moi especial, outro disco no que se inclúe o tema “Aislamiento”, versión do “Isolation” de Joy Division, interpretado polos propios Franc3s e Isa e Rodrigo de Triángulo de Amor Bizarro, Erik e Florent de Los Planetas, César de Schwartz e Marina de Klaus & Kinski; que tamén colaboran no álbum.


Fuso Negro, un ritual no que poesía e música nacen fusionados

Cultura 28/01/2011
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

O poeta Xoán Abeleira, o baixista Álvaro Muras, o guitarrista Julio Cuns, o percusionista Karlos Barral, o batería Bruno Couceiro e Tono Galán son Fuso Negro. Un proxecto no que música, teatro e poesía de vangarda nacen fusionados, como explicou en Radiofusión o propio alma mater da iniciativa, Abeleira. Fuso Negro é unha modalidade de spoken word, un movemento poético xurdido nos anos 90 en Estados Unidos, influído polas tradicións orais e musicais afroamericanas. O obxectivo é levar a poesía de volta á sociedade dunha forma viva. O proxecto preséntase ás oito e media desta tarde na sede da Fundación Novacaixagalicia da Coruña. A entrada é de balde ata completar o aforo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros