Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

L´Uomo Di Gomma preséntanse cunha anti-oda ao Tea Party

Cultura 27/01/2011
  Envía a túa opinión

A nova Casa Xurásica, local de ensaio das bandas compostelás, serviu de escenario hai catro meses para o nacemento de L´Uomo Di Gomma, unha nova formación na que atopamos a membros de Samesugas, The Lorchas e The Homens. Ramón, Josete, Pombo e Roi son os integrantes deste grupo de anarcopunkcorelódico experimental, como eles mesmos se definen. “En cada ensaio faciamos dous ou tres temas, tiñamos moitas ideas”, afirmou en Radiofusión o baixista, Roi. O resultado de tanta inspiración compositiva é o seu primeiro traballo, Tea Party EP, un disco con seis temas en inglés que xa se pode descargar de balde na web luomodigomma.bandcamp.com. Este venres a banda presentará as súas primeiras cancións na sala Super 8 de Ferrol e o sábado formará parte do cartel do I Festival Ferve Mourente xunto a Carrero Bianco e Solfabirras.


Isi, Isabel Risco e David Perdomo estrean “Star Tres” en Carral

Cultura 21/01/2011
  Envía a túa opinión

Tres dos humoristas de moda en Galicia prometen revolucionar o país. Son Isi, Isa Risco e David Perdomo, coñecidos polas súas intervencións no programa Land Róber da TVG e por protagonizar todo un fenómeno viral, o documental ficcionado Koruño, legado de Hércules. Agora deixan o plató de televisión e as cámaras para pórse diante do público cun espectáculo de monólogos titulado Star Tres. Tres historias independentes co único nexo común da gargallada e coas que os cómicos galegos compiten por facer rir ao público durante as dúas horas que dura o show. A estrea será este sábado, 22 de xaneiro, na Sala The Star de Carral, a partir das dez e media da noite. Segundo confesou o propio David Perdomo en Radiofusión, “haberá sorpresas”.


As novas creacións para gaita e orquestra protagonizan o III Musgafol

Cultura 20/01/2011
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

O Pazo da Cultura de Pontevedra converterase na noite de mañá venres na sede da terceira edición do Musgafol, festival dedicado á difusión da música académica composta para a gaita de fol galega moderna, que ata agora só tiña cabida nas aulas dalgúns conservatorios, no que se potencian aos seus creadores e aos novos intérpretes. O evento, que se viña celebrando en decembro, este ano tivo que ser posposto por cuestións técnicas e organizativas, segundo apuntan desde a Asociación Toque Pechado. Arrincará ás nove da noite, con entrada de balde ata completar o aforo. Tras un percorrido polas creacións musicais para gaita e piano e para gaita e banda sinfónica nas anteriores edicións, nesta terceira estará dedicado ao repertorio para gaita e orquestra. No Musgafol daranse cita algúns dos mellores gaiteiros do noso país como Xurxo Fernández, Óscar Ibáñez, José M. López, Diego Mariño, Cristian Silva ou Pablo Devigo, acompañados pola Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra e baixo a batuta do director Javier Viceiro. Como aconteceu en anos anteriores, gravarase un CD monográfico deste repertorio.


Irving Berlin foi un dos compositores de jazz máis prolíficos da historia

O VI Iberojazz lembrará a Irving Berlin

Cultura 19/01/2011
  Envía a túa opinión

O Teatro Rosalía de Castro, o Auditorio do Fórum Metropolitano, o Club Filloa Jazz e o Auditorio Andrés Gaos do Conservatorio Superior de Música (CSM) da Coruña serán os escenarios da sexta edición do Iberojazz. Un festival de referencia en Galicia que arrinca mañá xoves para dar cabida a seis actuacións ao vivo e dúas master class, nun total de catro días. O Iberojazz homenaxeará desta volta a Irving Berlin “quen, sen chegar a ler música máis alá dun nivel elemental, conquistou coas súas composicións a sensibilidade da cultura norteamericana e occidental do século XX. Logo de estrear o Alexander´s Ragtime Band, un tema que o catapultou á fama no ano 1911, pasou a formar parte do grupo editorial Tin Pan Alley da Gran Mazá. A partir desta composición, todo foi unha suma de éxitos para Irving Berlin nunha longa carreira artística. Esta composición honrou as primeiras bandas itinerantes da historia do jazz, que hoxe cómpre lembrar”, afirma o director artístico do evento, o pianista Alberto Conde.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros