Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Los Piratas, o gran comezo musical de Iván Ferreiro

Cultura 16/01/2011
  Envía a túa opinión

Los Piratas nace a comezo dos 90, en Vigo, con Iván Ferreiro como líder na voz, o seu primo Alfonso Román na guitarra, Paco Serén tamén na guitarra e nos teclados, Pablo Álvarez ao baixo, Xavier Fernández, coñecido como Hal 9000, na batería e Raúl Quintillán encargado dos teclados ata o ano 98. A súa andaina comeza dunha forma non habitual, cun disco gravado ao vivo na sala CDB de Vigo en outubro de 1992, producido por Javier Abreu e editado pola Warner. Chamábase Los Piratas e nel estaban incluídos temas como “Quiero verte respirar” ou “Oh Nena!”. Medios tempos, pop rock, blues e pingas de psicodelia mesturados con letras xuvenís e desenfadadas, unha cocteleira que por momentos recorda a bandas como Hombres G.


O C. S. Gomes Gaioso dedica un ciclo a dar voz ás creadoras

Cultura 14/01/2011
  Envía a túa opinión

“Vozes em feminino, palavra plural”, baixo este nome o Centro Social Gomes Gaioso da Coruña dá comezo ás nove desta noite un ciclo dedicado ás mulleres creadoras nas diferentes disciplinas artísticas. Un recital poético que une música e poesía inaugura esta actividade na que tomarán parte Iolanda Aldrei, Begoña Paz, Belém Grandal, Rosa Enríquez e Mariola Soutelo. A proposta continuará o 25 de febreiro coa actuación da guitarrista clásica Isabel Rei e culminará o 18 de marzo coa vídeo-poesía de Elvira Riveiro Tobío. Os actos celebraranse partir das nove da noite, exceptuando o do día 25, que será ás nove e media. A proposta está aberta a todos os que queira achegarse ao centro.


La Familia estrean “Esto es normal” no Iguana Club de Vigo

Cultura 13/01/2011
  Envía a túa opinión

O cuarteto vigués La Familia, formado por músicos con experiencia previa en bandas como Trem Fantasma, Igloo, The Blows, Maryland ou Circular, presentan na medianoite de mañá no Iguana Club de Vigo a súa ópera prima, Esto es normal. Un álbum con 11 temas que este pasado martes saía á venda, editado polo selo galego Ernie Records. O compositor, vocalista, guitarrista e alma máter da banda, Santi Araújo, comentou en Radiofusión que o concerto da sala viguesa servirá para dar a coñecer os novos temas, para tocar algún do repertorio máis antigo e mesmo para presentar un par de cancións inéditas.


Raimon de novo Al vent

Cultura 11/01/2011
  Envía a túa opinión

"O ano 67 tivo lugar o recital de Raimon (en Santiago de Compostela) e, ao seu abeiro, houbo pancartas e inicios de mobilizacións, demostrativos de que, ao fin, algo estaba mudando" afirma Vicente Araguas no seu libro Voces Ceibes (Xerais, Vigo.1991). A música era, daquela, un arma cargada de futuro.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros