Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 18 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Erro de casting de Victoria Beckham

“El Reencuentro: 10 años después” (Telecinco, 22 h.)

Sociedade 14/04/2011
  Envía a túa opinión

O día que as televisións privadas proclamen a súa República, unha autonomía independente dese poder despótico que son as audiencias, non cabe dúbida de que será Telecinco a única que poderá prosperar grazas ao desenvolvemento dun modelo autosuficiente, perfectamente pensado para subsistir cos medios indispensables. Así como os fogares que aproveitan todo tipo de desperdicios para fabricar compost que facilite o abono da terra ou, mesmo nalgúns casos, enerxía, a cadea amiga, tamén sabe recoller os seus propios refugallos e darlles utilidade, sendo, sen ningún tipo de dúbida, a primeira entre as empresas españolas en apostar decididamente pola reciclaxe.


Exfoliante e cicatrizante

“Terminator 3” (TVG, 23:20 h.)

Sociedade 13/04/2011
  Envía a túa opinión

“Terminator 3” resúmese nun só fotograma: aquel no que asoman os pectorais fláccidos de Arnold Schwarzenegger. Para os que bebemos deses tetos anabolizados para aleitarnos do cine de acción nos anos 80, a contemplación daquela moleza irremediable que nin os efectos especiais podían remediar marcou o comezo da fin. Cando se estreou a terceira parte da saga dos malvados robots do futuro dispostos a aniquilar a humanidade, o culturista austríaco xa tiña os seus propios plans para salvar á especie no mundo real e queríao facer a través da política. 


Afro-chic

“La Duquesa” (Telecinco, 22:15 h.)

Sociedade 12/04/2011
  Envía a túa opinión

Como dicía a telenovela, os ricos tamén choran, e remedando a Joao Gilberto, cabería crer que no peito da nobreza tamén bate un corazón. De cote só reparamos no ouropel, nas mansións e en todos os privilexios que se lles presumen, pero, en verdade, non son senón un pequeno acougo para tanta aflición como deben sentir perante a contemplación dun mundo, o seu, que esmorece, de vagar, mais irremediablemente? Para quen recoñece aos seus antergos nos cadros que penduran das paredes do Museo do Prado, ten que resultar motivo de depresión descubrir que as súas crónicas non ficarán inmortalizadas nun lenzo pintado por unha man mestra, senón no papel couché pola foto dun paparazzi anónimo. E se os tataravós presumían co peito enchido nos seus retratos a carón dos santos pintados por Tiziano, os personaxes inmortalizados por Rubens, ou as escenas de Picasso, agora os netísimos de sangue azul vense rebaixados a escoltar en páxina par as saídas nocturnas de Belén Esteban. Triste destino. 


Con ela chegou o escándalo

“Buenafuente: Ángeles González Sinde” (La Sexta, 01:00 h)

Sociedade 11/04/2011
  Envía a túa opinión

Se para un deportista entre as maiores honras posibles figura que bauticen co seu nome o pavillón local, ou para un alcalde que fagan o propio cunha rúa da súa cidade, entón conveñamos en que a un lexislador, o que máis lle debera prestar é que o seu traballo propositivo fique gravado no marco xurídico cunha lei alcumada a imaxe e semellanza do seu promotor. Mais estas homenaxes non sempre son do agrado popular. Por exemplo, ao futbolista Alfonso Pérez Muñoz, que ninguén contaría agora, se cadra, entre o seu once ideal, erixíronlle na súa vila madrileña, Xetafe, nada menos que un Coliseo, nome xa rimbombante abondo como para asignarllo ademais a algún lugar que non sexa Roma, e menos a unha urbe dormitorio. Alfonso chegou a xogar no Madrid e no Barcelona non hai tanto tempo, e os xetafenses pensaron que nunca coñecerían ídolo deportivo maior. Aconteceu pouco despois que o seu propio equipo se instalou na elite e as fazañas de quen adorna os arcos de entrada ao estadio parecen de súpeto máis pequenas. Coliseo hai tamén na Coruña, onde Sir Paco Vázquez puxo o seu nome ao Paseo Marítimo. Pódese ver nalgunha placa durante o percorrido, pero aínda está por descubrise a alguén que se refira co nome do ex alcalde vitalicia ao cinto que rodea a península herculina. Tampouco hai moitas leis que teñan nome para o recordo agradecido.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros