Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

“I had a dream”

“Luar” (TVG, 22 h.)

Cultura 08/04/2011
  Envía a túa opinión

Se a muller coñecida como a hacker da pala (que cortou o cable do que dependía a conexión a internet da maior parte de Armenia e deixou incomunicado ao país) viaxase até aquí para facer a súa maxia silenciadora sobre o emisor principal da televisión e tivésemos que sacrificar toda a grella televisiva para poder ficar tan só cun único programa, a min non me cabe dúbida de que o programa omega, o último da súa especie, tería que ser o “Luar”. Nunha soa cápsula televisiva, Xosé Ramón Gayoso foi decantando todas as clases de espectáculo, até realizar un concentrado no que cabe de todo, ao igual que nas cápsulas “hoi-poi” de Bulma ou o peto de Doraemon. Eu aviso, pero estamos a tan só un par de programas de que Gayoso comece a facer experimentos tolos á maneira de “El Hormiguero” e lle ensine a Mini e Mero a pegar o micrófono ao queixo como fai el, tan só aproveitándose da electricidade estática que xeran os pelos da barba ao axitalos.


Acareos con data de caducidade

“Pena de muerte” (La 2, 22 h.)

Sociedade 07/04/2011
  Envía a túa opinión

Disque a vestimenta regulamentaria é un potente afrodisíaco e que son moitos aos que lles palpitan as entrañas ante a visión dun botón de áncora, unhas borlas colgando do ombreiro ou un chapeu adobiado cunha placa de ouro. Tamén as saias e as medias de colexiala forman parte do amplo catálogo do fetichismo asociado á roupa. Porén, dubido de que exista unha regra xeral sobre a fascinación polas prendas regulamentarias e mesmo penso que é frecuente o caso contrario. Se existe algunha prenda que non me gustaría ter que vestir, esa é un mono de cor laranxa. Como teñas que poñer un, ábrese baixo os teus pés un panorama nefasto. Por suposto, nada hai de indigno no oficio de repartidor de bombonas de butano, agás unha máis que segura lesión nas costas tras interpretar a figura do imposible fillo de Iñaki Perurena e Juanito Oiarzábal, unha persoa que carga pesos ao lombo mentres escala até un sexto piso. Agora ben, laranxa é tamén o uniforme dos reos condenados a morte. 


Outros virán...

“59 segundos” (TVE, 00:15 h.)

Sociedade 06/04/2011
  Envía a túa opinión

Malia non entender nin papa de dereito mercantil, sempre houbo unha expresión que me fixo gracia: mercado de futuros. Poida que sexa dos únicos raptos poéticos que se permiten en mundo tan cruel e preciso como o das contas e as transaccións. Así, en abstracto, un imaxina que sería o lugar ao que acudir a mercar un porvir, un deseño de vida, tal e como o desexaríamos, sen ficarmos sometidos aos vaivéns do azar. Mais mercar futuro é mercar pura potencialidade e, dalgunha maneira, paréceme que ao final si nos permitimos crear esa praza de abastos do condicional hipotético, na que non existe o concreto e todo está por chegar. Mágoa que só lle déramos carné de cliente á clase política. Así é como o slogan máis acaido para o exercicio da cousa pública será para sempre o nunca mellorable “Puedo prometer y prometo”, de Adolfo Suárez.


Un canto a Miami, weeeeah!

“Españoles en el mundo: Miami” (TVE, 22:45 h.)

Sociedade 05/04/2011
  Envía a túa opinión

Miami, que saibamos, non ten simples habitantes. Ás persoas que alí residen acáelle mellor o xentilicio “as xentes”, como nos aprendeu Julio Iglesias coa súa mesiánica forma de falar. Haiche moito tempo que nin nos fala nin nos canta e tampouco nos visita para por a proba o seu ácido úrico enchéndose a camaróns. Xa non se  prodiga polos escenarios autóctonos. Con todo, sigo agardando a que, máis cedo que tarde, faga un special guest starring coa París de Noia. Polo de agora semella que continúa afanado nese proxecto de manipulación xenética xunto con Miranda -que me xogo algo a que é neta do Doutor Mengele- e xuntos andan entregando ao mundo parellas de nenos e nenas clónicos que, cando medren, serán capaces de completar o elenco de “Un Canto a Galicia: O Musical”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros