Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Xullo de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

A Elephant Band, aires “sixties” para música galega

Cultura 01/01/2011
  Envía a túa opinión

A orixe da Elephant Band remóntase a principios dos 90 e ao grupo Los Nuestros con Nacho Mora como cantante e Xoel López como guitarrista. En paralelo, Xoel tocaba a guitarra e cantaba na banda The Riddles xunto a Fernando Vilaboy, que era o teclista. Tras estes primeiros contactos fundamentalmente amateurs, Nacho e Xoel únense á banda mod coruñesa Los Covers cos que gravarían o seu primeiro EP Los Covers (1995). Tras a separación desta fomración, no verán de 1996, Xoel, Nacho e Fernando xunto con Marcos (ex-batería de The Riddles) crean o que sería o embrión da Elephant Band, a Elephant Truck Band.


A New York Ska-Jazz Ensemble actúa na Coruña

Cultura 31/12/2010
  Envía a túa opinión

Os seis músicos de diferentes procedencias que integran a New York Ska-Jazz Ensemble ofrecerán o domingo 2 de xaneiro, ás dez e media da noite, un concerto na sala O Túnel, situada no Coliseum da Coruña. A formación está considerada como a máis importante no ska-jazz moderno e atribúeselle o renacemento dos sons tradicionais xamaicanos. O seu repertorio inclúe composicións propias e grandes temas do jazz adaptados ao ska cos que renden homenaxe a figuras como Thelonius Monk e John Coltrane, a quen mencionan entre os músicos que máis lles influíron na súa carreira. As entradas para velos xa están á venda ao prezo de 10 euros.


Volta Editores estréase na vangarda da BD con “O regreso do caralludo Sr. Mundo”

Cultura 26/12/2010
 6 comentario/s - Envía a túa opinión

“A zona centro de Macrópole, berce da superheroicidade nacional, amence sumida no caos. O impacto dun obxecto voador sen identificar de todo contra o rañaceos Top of the World dispara todas as alarmas entre a poboación civil, militar e xornalística. Coma sempre, os espertos en todo non poden confirmar nada. Aínda que están a piques de sospeitar que semellante estrago é inachacable a calquera clase de paxaro ou avión. Tratarase do ataque dunha nova e grotesca ameaza exterior? ou quizais nos atopamos ante o regreso do presunto máis grande heroe coñecido por este planeta? E, sobre todo, cal das dúas posibilidades resulta menos apetecible? Tranquilidade, amigos. Vexamos o que poden facer por nós os poucos superheroes que aínda seguen a loitar por defender todo aquilo no que cremos, sen importar que sobre eles se estenda a longa sombra do ultimato definitivo. Pero deixémolos, deixémolos… deixemos que actúen como só eles saben facer”. Así nos presenta Volta Editores a súa estrea no eido da banda deseñada O regreso do caralludo Sr. Mundo, que vén de saír á venda nunha edición limitada de 300 exemplares.


Os Diplomáticos de Monte-Alto, precursores do bravú e do grunge galego

Cultura 25/12/2010
 11 comentario/s - Envía a túa opinión

O xermolo dos Diplomáticos de Monte-Alto está no barrio coruñés de Monte Alto, en Belida, grupo folk no que militan Rómulo Sanjurjo e Xurxo Souto. En 1989 son chamados para compoñer a sintonía da radio novela Os Frigoristas da Radio Galega. Para a gravación xúntanse co guitarrista Juan Varela “Guni”, o baixista Afonso Moram e o batería Berto Moram. A súa proposta é unha versión do popular “Non chas quero”. Xunto con este tema gravan dous máis que recollen na maqueta Rómulo Permui e Os Diplomáticos de Monte-Alto.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -193 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros