Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Dous mellor que un, sempre

“Doble impacto” (TVE, 23:50 h.)

Sociedade 01/04/2011
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

Que cousa pode ser mellor que pasar a noite do venres vendo a Jean Claude Van Damme? A resposta é sinxela: ver a Van Damme por duplicado. Para os fans das trompadas e labazadas acrobáticas mesmo cómpre colocar o cueiro para controlar calquera emanación non desexada que poida proceder do gozoso coñecemento de que o duplo Van Damme pode ser tanto literal coma figurado. Ás veces non merecemos os programadores que temos. Agora só resta escoller.


Guerra á maneira antiga

“The Pacific” (Antena 3, 22 h.)

Sociedade 31/03/2011
  Envía a túa opinión

Malia o popular slogan pacifista, ao final á especie humana gústalle case tanto facer o amor como a guerra. Por moi opostas que sexan, ambas as dúas prácticas, tan asociadas ao máis atávico que hai en nós, fóronse depurando, perfeccionando e estilizando até chegar a un grao de refinamento que fai delas verdadeiras disciplinas científicas. O sexo, dende que coñecemos á doutora Elena Ochoa e miramos de esguedello no quiosco as portadas da “Cosmopolitan”, sabemos que pode chegar a ser deporte olímpico, unha danza do corpo ben depurada, un exercicio ximnástico, cando non puramente atlético, para o cal existen métodos perfectamente documentados. Haiche tanto que saber que por un momento un ten medo de que polo medio se lle perda a pura paixón. Coa guerra, acontece algo semellante.


Cada vez que Risto fala, un cantante latino chora

“Buenafuente: Risto Mejide” (La Sexta, 00 h.)

Sociedade 30/03/2011
  Envía a túa opinión

A televisión non fai prisioneiros. Que llo digan a Risto Mejide quen, malia a abundante nómina de opositores ao cargo, continúa a ser o groseiro máis relevante que a pantalla nos ten ofrecido nos últimos anos. Pensou que a súa lingua velenosa lle abondaba para manter o status de estrela, pero poucos meses despois da súa cancelación, hai que se esforzar para lembrar o nome de aquel programa consistente en elaborar unha clasificación dos personaxes públicos que máis desprezaba e poñelos a caldo. Mejide, publicista ben formado na receita do pan e o circo, debera ter comprendido daquela que a xente o apreciaba na medida en que era capaz de cuspirlle á cara a súa carraxe a post-adolescentes que soñaban con ser Marc Anthony en “Operación Triunfo”. Naquela ficción de entusiasmo xuvenil e boas aparencias, como un anuncio de roupa de Tomy Hilfiger, que era a Academia, Risto irrompía como Rambo na festa dos pixamas dos Osos Amorosos, esnaquizando tanta felicidade adulterada. Cantarlle as verdades a vídeos e non a persoas era, en comparanza, un chiste que non se sostiña, ao igual que tampouco o fixo unha edición de OT elaborada con algodón de azucre. Agora, o oráculo que sempre prognosticaba o fracaso renace como novelista.


Mestre Berberecho

“Larpeiros” (TVG, 22 h.)

Sociedade 29/03/2011
  Envía a túa opinión

Encántame a palabra berberecho, que soa como un repenicado na pandeireta. Ao máis económico entre os mariscos tamén se lle coñece por outros nomes, como croque, que resultou non se patrimonio único do paciente e resistente cranio do Mestre Mateo, ou crica, que para todos aqueles que nos criamos coas dobraxes da Televisión de Galicia posúe unha dupla acepción que aprendemos grazas a “Pulp Fiction”. Agora sabemos que é algo que non se debe comer se estamos a falar da muller de Marcellus Wallace. O berberecho, amoreado en bolsas de rede, é a especie que mellor sobreviviu ás furibundas vagas de esquilmadores furtivos que, en tempo de verán arrasabamos praias pensando que a area era sagrada e multiplicaba as ameixas e as navallas, abondosas como as patacas na terra. Xogando de pequeno á beira do mar, as patadas á area negra facían agromar o marisco en autoservicio como saltan os cogomelos máxicos nos xogos de Super Mario. O día que apareceu o coche da Garda Civil e un axente con prismáticos, comprendemos que non se recolle o que non se planta.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros